Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta O Mar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Mar. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de febrero de 2013

sábado, 27 de octubre de 2012

Prorrogadas 4 anos máis as axudas do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro

Andaba e anda o tema das axudas para a pesca (especialmente na pesca industrial, na baixura non existen subvencións a paradas temporais obrigatorias) a voltas no seno da Comisión Europea  sobre todo porque paises que desexan todo o mellor para España, como Alemania, non estaban dacordo en que o noso país, especialmente Galicia por ser a comunidade con máis peso no mundo do mar recibira un só euro calificándoas como "ineficaces" e non quedou outra que unirse a países como Francia, Portugal e Polonia e despois de máis de 40 horas de negociación, tanto o goberno galego como o nacional califican o acordo de "positivo" ao conseguir unha prorroga de 4 anos máis do Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro que contará con máis de 6500 millóns de euros (a repartir) e así poder prepararse para a próxima PPC . Con estas medidas preténdese dar continuidade ás axudas ao desguace e modernización da flota pesqueira, unha modernización que sufríu un dos redeiros máis mediáticos de Camariñas, o Gallego José, agora chamado Marino José, con porto base en Avilés. A punto de formalizar a súa compra e que o novo retorno para o noso porto fructificase, esas e outras razóns burocráticas frearon a operación. Non se pode vender un barco antes de 5 anos si recibistes axudas a non ser que devolvas a súa proporción. Como podemos apreciar neste novo vídeo que o noso querido amigo e colaborador en Asturias, Manuel, nos manda, o redeiro excamariñán está pescando bastante ben, de feito podemos ver como transporta un bo lance de peixe con rumbo a lonxa avilesina. Era necesario puntualizar neste aspecto porque a nosa fonte (contrastada co futuro armador) está sempre a pé de cañón con todo que se mova por terras asturianas e leve acento camariñán. 

domingo, 21 de octubre de 2012

Un novo redeiro en Camariñas para un dos armadores máis xóvenes da Costa da Morte

Xa está confirmado que o Rosymar, con porto base en Cambados vai cambiar de rumbo e de novo será Camariñas o destino que tome o compás do redeiro de case 16 metros de eslora e casco de madeira. Domingo Miñones Mouzo, coñecido carismáticamente como Dominguiños será moi pronto o novo patrón e armador deste barco de apenas 15 anos de antigüedade e que engrosará máis o importantísimo censo do porto camariñán. Con 28 anos ás súas espaldas e cunha dilatada experiencia no mundo do cerco, xunto con Edelmiro Campaña (fillo), son dos armadores máis xóvenes da Costa da Morte que patronean barcos desta envergadura e responsabilidade con máis dunha ducia de familias asalariadas abordo entre os dous. Está claro que na vila dos encaixes o carácter emprendedor, loitador e traballador estancouse na xuventude no mundo do mar, mermada quizáis pola ausencia de traballos en ningunha parte. Quedan dúas opcións, facer as maletas todos e deixar estes pobos sin alma e que cerren comercios, bares, etc, poñendo unha barrera no alto das carballas ou emprender as túas ideas e poñerse a fondo no que che gusta. Evidentemente, aparte de valor, coraxe e destreza nos aparellos da ponte de mando hai que depositar unha importante cantidade de diñeiro, unha inversión necesaria (ao mar non se engaña) para poder pescar segundo veñan os ventos e leis que cambian como as estacións do ano. Paralelamente a todo isto, a sorte é imprescindible, unha sorte que lle desexamos imperiosamente desde Camariñas Directo a todos os mariñeiros emprendedores e neste caso ao noso estimado veciño e amigo "Domingos". Que corran sempre bos ventos e boa pesca compañeiro.

sábado, 13 de octubre de 2012

Necesítase embarcación de pesca deportiva para colaborar no "Campionato Autonómico de Pesca de Fondo en Lancha" que se vai celebrar en Camariñas

Na imaxe embarcacións de 7ª lista. Arriba Olga Campos
Andaba Olga Campos esta mesma mañá buscando unha embarcación de pesca deportiva (7ª lista) que quixera colaborar (gastos pagos) participando no "Campionato Autonómico de Pesca de Fondeo en Lancha", o 1º que se celebra na historia da nosa vila (o ano pasado foi provincial) e que se vai celebrar na mesma Ría de Camariñas o vindeiro 21 de outubro (día das eleccións galegas), data xa marcada desde fai un ano pola Federación Galega de Pesca, unha Federación que conta co apoio incondicional e altruísta da Asociación de Empresarios de Camariñas a cal preside a mesma Olga Campos. Necesítase unha embarcación con capacidade e seguridade para catro persoas e así acompañar as 7 que xa confirmaron a súa presencia neste importantísimo campionato. Pescadores aficcionados que se enrolarán por unhas horas e competirán pescando e disfrutando nunha das rías máis fermosas de Galicia e do mundo. A inscripción deberá producirse antes do vindeiro luns e desde Camariñas directo faise un chamamento por sí algún dos nosos lectores está interesado. Insistimos, antes deste vindeiro luns e podes comunicalo  no número de teléfono 662 488 253 ou ben nesta redacción. Os horarios de pesca dentro da ría serán de 8:30 a 12:30, farase unha parada para comer (bolsa de alimentos incluída) e de 13:30 a 17:30. Agradecemos a participación xa confirmada e a que falta por confirmar, Camariñas ten que dar exemplo e non nos cabe ningunha dúbida que así será e os participantes programados pola Federación Galega de Pesca levarán un grato recordo da nosa xente, do noso mar. Sorte a todos os participantes, boa pesca e bos ventos.

viernes, 21 de septiembre de 2012

Este vindeiro sábado crearase a nova Asociación de Armadores de Cerco

Cambian os tempos, as formas, as leis e o amoldamento da flota pesqueira debe ir aparexado e ben encamiñado con elas. A iniciativa nacida por cerqueiros de Malpica con especial fincapé do Escacho reunirá este sábado  na Casa do Mar de Coruña aos principais armadores da costa e constituirase a Asociación de Armadores de Cerco principalmente da provincia herculina aínda que non se descarta que vaia aumentando, de feito, dous barcos de Portosín uniranse a dita iniciativa. Segundo fontes de Manuel de Lin, armador e patrón do Riobao, a partires das 10:30 está prevista a concentración e votacións para nomear oficialmente a nova directiva da asociación. Agás dous barcos que de momento non formarán parte, toda a flota camariñana e malpicana (as máis importantes da Costa da Morte nesta modalidade) asociaranse cos demáis portos da man dun prestixioso avogado para evitar que nun futuro cada cual tome un rumbo en solitario co conseguinte perigo de ser ignorado (a unión fai a forza) e reunirse coas respectivas consellerías de pesca e tratar de defender os dereitos comúns de toda a flota de cerco sobre todo no referente a cupos e outros factores que golpean duramente na liña de flotación económica dunha flota que xenera centos de traballos directos e sin ningunha dúbida é a máis importante no desenrolo pesqueiro  da Costa da Morte en número de traballadores e facturación. Renace a "voz" dos redeiros.

O Serviola 1 foi reflotado e remolcado na tarde de onte ata os asteleiros do Freixo

Foto; La Voz de Galicia
Si por unha banda seguen as investigacións para esclarecer os motivos do accidente do Serviola contra unha das bateas do polígono que hai na Ría de Muros, por outra banda seguen os traballos de recuperación do pequeno cerqueiro. Cun boquete no costado de estribor que foi o causante da vía de auga e posterior afundimento, o barco estaba afundido a unhas 15 brazas de profundidade (22 metros) e na tarde de onte era reflotado e varado nunha praia para taponar provisionalmente por carpinteiros do Freixo (Outes) a parte do casco dañada e así remolcalo ata os asteleiros. Os mariñeiros (dous senegaleses e un marroquí) e o patrón declaraban tamén este pasado mércores en terras muradanas sobre o suceso ante a Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos.  O patrón do barco, Jesús Queiruga aproveitou a presenza da conselleira de pesca Rosa Quintana durante o enterro de Manuel (D.E.P), o único mariñeiro falecido, para expoñerlle a sua queixa por non estar sinalizadas as bateas da Ría de Muros-Noia sen recibir contestación ao respecto ata o momento (segundo a súa versión). Tamén se laiou de que son uns 60000 euros os que necesita para facer fronte ás reparacións porque para máis inri (segundo fontes moi fiables) non dispón de seguro no seu buque. O Serviola 1 que o único que conserva da decoración da súa silueta desde que partíu de Camariñas é o serviola (un home vixiando cos prismáticos pintado na proa) podería volver a navegar próximamente. Sobre a sinalización das bateas cabe salientar que non están identificadas en todas as cartas marítimas das que dispoñen os gps.plotter dos que van provistos os barcos que navegan próximos a elas e a non ser que esteas atento segundo a segundo e palmo a palmo de mar á pantalla do radar ou que sexan ploteadas a plena luz do día polo mesmo patrón, sin sinalizar son un peligro latente para a navegación e máis se falamos de barcos que "naveguen por primeira vez" pola citada ría. Ven sendo como un laberinto formado por centos e centos de metros cadrados ás súas anchas no medio do mar e por ter, non teñen unha simple bombilla que as identifique. Están ancladas pero as noites son noites e lamentablemente sempre teñen que pasar traxedias e a base de paos  para que corrixamos e aprendamos dos erros causados polo ser humano. O peor foi de quen marchou para sempre porque o resto todo ten solución, a base de paciencia, a mesma que tiveron os lectores de Camariñas Directo durante os días que non se actualizou nada por aquí e onde o 95 % dos mariñeiros e patróns de Camariñas queren, confirman e motivan día trás día ao seu redactor  para que esto siga a pé de cañón.

miércoles, 8 de agosto de 2012

Villegas, armador do cefalopodero Manuel Nores: "Bruselas non quere aos arrastreiros"

Foi publicar nesta humilde web que a Comisión Europea de Pesca lanzara un "misil" aos arrastreiros galegos e nunhas horas abríase un sano debate a carón da lonxa vella entre algúns dos mariñeiros daquí. Poucos daban crédito que o elevado poder da frota de arrastre recibira un torpedo na liña de flotación pero no medio, algún pescador convenceuse que en Bruselas os "contos non enchen" e iso de que se poida considerar pesca artesanal e cun futuro sostible aos barcos de arrastre non colou e segue sen colar entre as mallas dos aparellos que empregan. No Morrazo, principal porto de barcos cefalopoderos que faenaban en Mauritania viron como foron desfilando e atracando na tarde de onte en Marín, un por un, os máis de 20 barcos que pescaban polbo en territorio marroquí. Expulsados do único caladoiro que lles quedaba despois de ter que abandonar (por outras razóns) os de Gabón e Guinea-Bissau (por falta de seguridade) agora queda a incertidumbre sobre o futuro que lles depara aos mariñeiros que compoñían dita  frota. En Galicia e desde as administracións teñen pleno apoio (e comprensión) polo que o propio sector perxudicado culpa desta falta de acordo da Unión Europea á grega María Damanaki. O armador de varios cefalopoderos, entre eles o buque Manuel Nores, o señor Villegas recalcou aos medios informativos que "en Bruselas non queren aos arrastreiros e van a conseguilo" e o seu colega de profesión, Manuel Gago, patrón do buque Varalonga pensa o mesmo e doulle un voto de confianza aos nosos políticos asegurando que "eles si que saben de pesca e non na Comisión Europea". Os tripulantes (especialmente os mariñeiros de abordo) con cara de desolación e preocupación por ter que regresar ao seu porto de orixe e os propios armadores non descartan movilizacións si non hai acordos para pescar polbo ca modalidade de arrastre aínda que sexa noutros mares. Futuro negro o que se divisa para os mariñeiros...para os armadores quizás se aveciñen unhas suculentas cifras para levar ao cementerio á "todopoderosa frota de arrastre", progresivamente, claro está.

miércoles, 25 de julio de 2012

A pesca de arrastre está no punto de mira da Comisión Europea

Posiblemente este sexa un dos temas máis delicados a tratar por calquer profesional que viva do mar pero é a pura realidade. Si por estribor andamos a voltas con serios cambios de rumbo na vindeira PPC (Política Pesqueira Común), por babor Bruselas xa lanzou un misil á Consellería de Pesca advertindo da "prohibición" da pesca do arrastre. O noso secretario de pesca, Carlos Domínguez rechaza a taxante proposta que lle chegou a semana pasada desde o seno da Comisión Europea alegando que non hai datos (?????) científicos que demostren que esta forma de pescar arrasa con todo que colle pola proa. Xavier López, científico cualificado de Oceana, defensora dos mares levalle a contraria ao secretario de pesca e aclara que non pode ser considerada pesca artesanal nin recibir subvencións da Unión Europea a pesca de arrastre, que para nada  cumplen os criterios de sostibilidade que esixe unha regulada pesca sostible na futura PPC. Greenpeace que "SI" está dacordo ca pesca artesanal auténtica (a forma de pescar dos pequenos buques) levan tamén anos loitando en contra desta forma de pescar, advirten que pescar arrastrando as redes polos fondos, aparte de atrapar toda especie que exista, provocan un enorme dano ao ecosistema mariño ao seren removidos os sedimentos que quedan en suspensión e que afectan ás numerosas especies. Andan as augas revoltas no arrastre e vai ser difícil convencer ao seno da Comisión Europea de Pesca que o arrastre é marabilloso. Os perxudicados, evidentemente os propios afectados, os beneficiados, moitos outros profesionais do mar... no medio, cuestionada, a potente e todopoderosa frota, a máis subvencionada ata o día de hoxe pola proa e pola popa. Sopran ventos de prohibición "progresiva" da pesca de arrastre de fondo nas augas profundas do Atlántico Noroeste con España, Portugal e Francia como principais afectados. Non vai ser nada doado pero ca realidade na man e a "nivel local", cantos naseiros poderían dormir tranquilos (non serían arrastrados os seus aparellos legalmente largados) cando algún arrastreiro (non todos) non respetan as líñas e profundidades esixidas para tirar as redes, cantas toneladas de cables aceirados non tería que soportar a Ría de Camariñas (baixen buzos e comproben), cantas bocetas de metros e metros de redes evitarían empacharse nas hélices de medianos e pequenos barcos de baixura co consecuente risco de quedar sen máquina e acabar tirados nas rochas. Que a nadie lle estrane, ca verdade e sempre por diante, torres máis altas caeron.

lunes, 23 de julio de 2012

O patrón do ex-Gallego José reclama á Xunta 850.000 euros

Foto e fonte: La Voz de Galicia
O armador e patrón do que fora o redeiro camariñán "Gallego José" reclama mediante os seus avogados unha compensación á Xunta de Galicia por valor de 850.000 euros como consecuencia das perdas ocasionadas durante o tempo que non pudo pescar á raíz de que a Consellería de Pesca lle retirara a licenza por suposta práctica ilegal de pesca, delito que nunca se pudo comprobar. Ao seu entender o proceso xudicial administrativo non debería prevalecer sobre o penal e nunca se debería haber retirado a licenza ata esclarecer as dilixencias abertas no seu día polo xulgado de Corcubión. Manuel Caamaño fora condenado a tres anos de carcel e unha multa de 150.000 euros e finalmente saíu absolto por non existir probas determinantes e fiables. Pola outra parte o consello consultivo entende que non houbo extralimitación por parte da Xunta e desestima a cuantía esixida polo carismático armador alegando que cando se detectan faltas moi graves en materia de pesca pódese retirar a licenza de explotación a calquer barco mentres non se resolva o proceso. Despois de varios varapaos, o Gallego José foi vendido por un módico precio para Asturias.

sábado, 7 de julio de 2012

O goberno negociou e a pesca de xurelo reabrirase o vindeiro martes

Na imaxe os redeiros Apóstol e Xurel Uno. Camariñas Directo
O secretario xeral de pesca do goberno, Carlos Domínguez anunciaba onte en diferentes medios que despois dunha reunión mantida con representantes da flota do Cantábrico Noroeste, a partires do vindeiro martes será posible pescar algo de xurelo. Serán medidas limitadas pero son un balón de osíxeno na liña de flotación dos barcos de cerco. Con un cupo de 4000 kg á semana por barco para facer durar máis a cuota adicional, comprobaranse os datos do diario electrónico en cada cerqueiro todos os días para evitar peches anticipados. A reapertura na zona VIII C, que abarca dende Fisterra ata o Golfo de Viscaia é posible gracias ao intercambio con Portugal. A flexibilidade interanual permite sobrepasar a cuota anual ata case o 5% sen que haxa penalización. En canto a xarda, a Secretaría Xeral de Pesca tamén está intentando que dende Bruselas cedan algunha cantidade aínda que sexa para tratar como pesca accidental e non ter que descartar e tirar toda ao mar.  Hai que lembrar que a pesca con cerco nesta zona da Costa da Morte ten especial relevancia en sardiñas, xurelos e xardas e ca escasez de sardiña e coa prohibición das outras dúas especies é moi difícil soster as centos de familias que dependen desta arte de pesca. 

martes, 12 de junio de 2012

Asoar-Armega concentra e convence a mariñeiros, ecoloxistas e políticos para a defensa da Pesca Artesanal

Foto:GP-Quepasanacosta-Fonte:Pescagalicia
Este pasado luns, a organización ecoloxista Greempeace mandou un comunicado á Xunta de Galicia e ao Goberno Central en  apoio sen fesuras á pesca artesanal pola importancia que supón no panorama pesqueiro galego en canto a número de traballos directos que supón, unhas 30000 persoas repartidas en máis de 4000 embarcacións e convencidos que é este sector o que máis vela polos ecosistemas mariños no cal os descartes son mínimos cas técnicas empleadas para pescar. Todo isto despois de que un traballo sempre a pé de canón co noso sector realizado pola Asociación de Armadores de Artes Menores, ubicada en Corcubión acadaba concentrando  na vila, ao director estatal de Greempeace, Mario Gómez e catro representantes máis do sector mariño, aos deputados do PP Joaquín García e do PSOE Marisol Soneira e Carmen Gallego. Partiron nunha embarcación adecuada para estes casos e comprobaron como os pescadores artesanais da zona practicaban a pesca profesional e incluso viron como era o traballo dos mergulladores da navalla rematando a porto cunha degustación final dos nosos productos. Teñen claro por unaminidade que a Pesca Artesanal, que a partires do vindeiro ano deberá adaptarse a nova PPC (Política Pesquera Común) debe ter o total apoio tanto a nivel galego como estatal en todos os foros de pesca. Resaltan a importancia de elevar o 20% das subvencións a unha flota que representa case o 90% e destiñalas á recuperación dos hábitats e  a pesca sostible anivelando as recomendacións científicas cas coherencias nas cuotas por todo o que representa este sector tanto no económico como no social e ambiental. Unha comunidade autónoma tan importante no sector pesqueiro como é a galega precisa de ideas, colaboración dos traballadores do mar e medidas políticas que sexan realistas para conseguir un bo Plan de Dinamización Productivo, Económico e de Mellora de Creación de Emprego no Marisqueiro, Pesca Artesanal e Acuicultura. Unha Pesca con Futuro.