![]() |
| Fotos: Camariñas Directo |
Tres días de infarto os vividos esta fin de semana en Camariñas, un deporte chamado Balonmán absorvía á mesmísima liga de Fútbol Nacional cun enorme Club Balonmán Camariñas Conservas Boya que non deixaba conquistar á Costa da Morte nin sequera aos favoritos Panelais Ciudad de Salamanca nunha final de fase de ascenso apoteótica. Rendidos e aplastados deportivamente foron os salmantinos ante un equipo e unha aficción de Primeira División. Todo un soño, HISTORIA en maiúsculas a que bordaron hoxe os camariñáns nun Areal totalmente abarrotado que dende o primeiro segundo do encontro sairon moi motivados e un Felipazo por toda a escadra avisaba do vendabal de forza, coraxe, calidade e goles que se lle viña enriba ao rival. De 4 tantos de diferencia en 7 minutos e chegando por momentos a doblegar o marcador, o imparable Camariñas Conservas Boya proclamábase xusto CAMPIÓN despois de vencer por 32-27 e ascendía directamente á 1ª División Nacional Masculina por primeira vez en Camariñas e na Historia da Costa da Morte facendo vibrar a toda unha vila pesqueira. !! Noraboa e Felicidades Fenómenos !!

