En vista dos pésimos resultados que o Real Madrid está firmando neste campionato, o presidente do clube e o seu adestrador quixeron desconectar da presión mediática madrileña e estarán dous días no Concello de Camariñas. Onte a tarde chegaban dun vó procedente da capital e directamente dirixíronse a un coñecido restaurante camariñán. Despois dunha cea composta por bogavante con arroz (os percebes foi imposible conseguilos) os persoaxes máis influíntes da prensa deportiva nacional charlaron tendidamente ata altas horas da madrugada. Según nos poideron confirmar, Florentino, que coñece bastante a nosa vila polo vínculo que a súa dona (D.E.P) tiña co encaixe, espetoulle a Mourinho que outro día calquera virán a ollear a garra que aquí teñen os xogadores da costa...que se acabou o talonario e que pescarán aos mellores que existan por estes campos. Estaremos atentos á súa curta estancia e cando poidamos seguiremos informando deste asunto. Benvidos a Camariñas, bo proveito e boa estancia señores Pérez e Mourinho.
Foto: La Voz de Galicia
28-12-2012...( ano do fin do mundo )
ResponderEliminarAntes de que acudiran ao restaurante camariñán, estiveron pescando calamares no miña lancha.Naquela conversa, dixeron que querían fichar a varios xogadores da Costa da Morte; incluso, que se non chegaban a un acordo, buscarían, tamen, a un adestrador do noso pobo...
Dioloqueira; a ver se, por fin, despegamos, inda que tan so sexa futbolísticamente falando.
Xa me comentaron señor Puertas. En canto teña toda a recopilación de datos faremos un exhaustivo artigo. Gracias por estar aí, saúdos.
EliminarAntes de ir a pescar calamares a tua lancha querido Puertas, chamaronme a min equi a Barcelona para recabar información,de quen era o mllor pescador amater da Costa Camariñana, e eu sin lugar a ningunha dúbida dinlle o teu telefono para que se puxeran en contacto contigo. Alegrome moito de que efectivamente sairan as cousas coma eu pensaba e estes ilustres visitantes poideran limar as suas diferencias a bordo da tua chalana e dempois iren a celebralo o restaurant que tamen lle din a dirección.Como no reportaxe non o dí digoo eu .Dinlle a escoller entre o Arnela de meu primo Juan, ou o Puerto Arnela do fillo de miña prima Maruja de Talvina (DEP).Esí todo cae na casa.
ResponderEliminarE nada mais meus, que alegria tan grande que o R Madriddd chegara a un acordo para que Mou siga.(Sobre todo para min CULE acabado)
Un saudo de TISTA
Mikel, como noticia de última hora, sábese que Mauriho vaise do Madrid; está reclamado polo Vaticano pa que compoña un equipo a nivel nacional cos mellores xogadores procedentes do FC Barcelona, e con eles, poida rivalizar co Inter ou co Milan, dentro da liga italiana.
ResponderEliminarNon falan de cartos, pero, supoño que todos eles cobrarán“ relixiosamente “ (... con misas e funerais)
Estimado Xoan Ferreira, acertastes de pleno cos datos que acabas de aportar. A verdade sexa dita eu xa me supoñía que alguén do voso calibre estaba detrás para que estes persoaxes poideran recalar en Camariñas. Xa nos contará Puertas que tal lles parecíu a nosa ría, porque quen sabe, ao mellor ata pescaron algo. Saudos tamen a esas terras....
ResponderEliminarHola Mikel, e un pracer de tanto en tanto escribir nesta páxina non son moi dado eu a escribir pero a verdade e que equi tópome a gusto e quero espresarche a ledicia que da sentirte a gusto nun sitio que (xa cho dixen unha vez) e coma unha bocanada de aire fresco.
EliminarSaudos compañeiro e ti e a todolos teus lectores
Xoan Ferreira
Joer Toño eso si que e un notición.Creo que e a noticia mais importante saido das profundidades do antro curial do Vaticano, dempois da noticia papal de deixar o Portal de Belén sen a mula e o boi.(A cal cousa xa se sabia polos Evanxeos).Bueno espero e desexo que MOU dinamite o Vaticano ca sua forma de actuar e enfrente o Cardeal (X) co Cardeal (Y) pero para eso que non conte cos xogadores do Barça, senon que conte co Mayordomo do Papa que o home xa ten mais esperiencia que o propio MOU en liar a troika e o mellor recomendalle a fichaxe de Casillas para capitanear o equipo do VATICANO C F.
ResponderEliminarEsperando as reaccions internacionales a este notición saudavos con agarimo
Tista
Dende logo, a Tista, teño que estarlle eternamente agradecido, non só pola súa amistade que nos une dende que eramos rapaces, si non que, despois de tantos anos lonxe da terriña, inda se lembre de min. Sobre todo, ó recomendarlle a estes dous persoeiros ( prejeseiros, perdón ) pa que viñesen a pescar calamares a nosa ría.
ResponderEliminarGrazas,tamén, amigo Tista, por terme no teu altar, como a un dos mellores pescadores a quen hai que adorar con incenso de xiringazos, se se quer triunfar nos combates corpo a corpo entre o home e mailas bestas do mar. Tinta que escasea nestes tempos de crise, e coa que podía esborranchar a tan clarividentes visitantes.
Mikel, pescar, no é que pescásemos moito precisamente, malia todo, quedaron encantados por canto viron e oíron da nosa forma de ser e de vivir.
Pouco tempo ajuantaron; e, o enjado, non se fixo de rojar. “Visto y no visto “ o fondeo, e o levantamento de poutada... Dos dous firmaban calquera tipo de contrato que lle puxeran diante, con tal de que os levases pa terra firme. Menos mal que eu non son aproveitado, que si non ...
En fin, FELIZ ANO TISTA, MIKEL, E FELIZ A TODOS CANTOS ESTADES A PESCAR NESTAS MARCAS.
Antonio Puertas
Gracias Antonio, igualmente compañeiro. Tista, o pracer é meu contar con lectores así e alégrame ver que escribides por estes mares camariñáns. Feliz ano e que veña cargado de saúde, paz e amor.
EliminarXa sen inocentes de por medio e con todala seriedade que o caso requer.
EliminarFELIZ ANO NOVO
A PODER SER QUE SEXA MILLOR QUE ESTE
A PESARES DA CRISI, DOS POLITICOS,
E DA PRIMA DE RIESGO
SEDE FELICES
DE TODO CORAZON
xoan ferreira
Pois eu, amigo Tista, eínda teño moitas dúbidas: ¿ foi unha realidade ...? ¿ Foi un soño ...? Ou, ¿foi un milagre... ?; O Milagre da Xesteira, eínda está por resolver, e hoxe,despois de tantos anos, penso que quedaron no tinteiro moitas preguntas por resolver.Estas cousas son moi serias e dignas de un estudio concienzudo pa esclarecelas de todo.
ResponderEliminarDe tódolos xeitos: FELIZ ANINOVO, AMIGO TISTA, CON ESE CORAZÓN SINXELO, E SEMPRE ABERTO PA TÓDOLOS BOS AMIGOS, coma tí.
Toño Puertas
Feliz ano Toño, para ti e os teus. Que se cumpran todos os teus desexos. Deica outra
EliminarTista