O Serpent foi un buque acorazado de casco galvanizado e pertencente á Mariña das Maxestades Británicas.Tiña 75 metros de eslora,12 de manga e 4,80 de puntal.Tiña dous motores que desarrollaban caseque 4500 cavalos de potencia e alcanzaba velocidades de máis de 17 nudos.Este buque escola estaba armado con 23 cañóns de difernete tiro,12 metralladoras e 3 lanza torpedos.A pesares que nesta foto é de cor branca,o buque inglés pintaba de negro e as franxas vermellas.O seu capitán Mister Harry L.Ross,o segundo Mr. Guy e o xefe de máquinas Mr. Robins.A tripulación completa no momento do naufraxio,176 mariños.O buque partiría do porto de Plymouth ás 14 horas do Sábado 8 de Novembro de 1890 rumbo a Sierra Leona pero atopouse con un forte temporal na Costa da Morte naufragando ás 11 da noite dun 10 de Novembro nos baixos do Boi,dous días despois da súa partida e bautizando a esta temida costa como "A Costa da Morte"
Supervivintes |
Cementerio dos Ingleses |
Tomaron rumbo perdido ata atopar unha pequena casa,alí leváronos onde o párroco de Xaviña onde os acollio e notificou o acontecido ás Autoridades Españolas e Inglesas.Ao día seguinte as xentes solidarias de Camariñas colleron e malamente como podían aos falecidos arriscando as súas vidas e sendo incluso algún sendo arrastrado polas ondas e rescatados con utensilios de labranza.Os náufragos eran enterrados no actual Cementerio dos Ingleses na mesma beira da costa.Os supervivintes foron trasladados á cidade da Coruña e tomaron rumbo á súa terra no buque Tyne.Como recompensa da Mariña Inglesa hacias as xentes deste recuncho, regaláronlle ao párroco de Xaviña Don Manuel María unha escopeta e unha vaixela cas suas iniciais,ao Alcalde camariñán D.Vicente Pérez un reloxo de ouro.Para o pobo solidario de Camariñas un barómetro que ainda se conserva nunha casa próxima ao porto e nos xardíns de San Carlos na cidade de A coruña unha placa conmemorativa de pedra.
Barómetro en Camariñas |
As autoridades Inglesas criticaron duramente ás Autoridades Españolas que o Faro Villano debería estar á altura que lle correspondía pola importancia á hora de navegar os buques pola nosa costa.Cinco anos despois e a raíz do naufraxio construíuse o actual Faro Villano,de pedra granítica rosada e formando unha torre de 25 metros sobre unha rocha de 80 metros de altura.O faro de maior alcanze da Península e o primeiro en funcionar con electricidade.Por aquelas datas tamén dixeron que non podía ser que na Costa da Morte non houbera telégrafo e tiveran que levarse as noticias a pé ata Carballo.Tamén se conseguíu o Telégrafo.
Naufraxios que fixeron e fan temer aos Capitáns de buques de Guerra,Civís e de calquer parte do Mundo.HSM Serpent,HSM Captain,Boris,Nord Atlantic,Bonifaz,Casón,Prestige.
Impresionante Faro Villano |
!!Inglaterra visteuse de loito ao saber que o Serpent alí embarrancou
e pra sempre a esta costa galega de Costa da Morte o nome lle quedou!!
Ana Kiro(D.E.P)
Texto: Mikel Camariñas.
sije asi mikel por o ben que o fas,por o empeño que poñes,por o tempo que lle dedicas,por o entretenido que e,por as notisias que das,por o sensillo que e,por o ben que relatado esta,por.........................................
ResponderEliminar`
que jran entrada!!
ResponderEliminarenhorabuena y gracias,da gusto despues de tantos años paseando por esas tierras descubrir algo nuevo,de esas tierras k tanto me apasionan.cuantas veces habre visto ese faro desde el otro lado(muxia)sin saber cual era su historia.sigue asi.
ResponderEliminar