Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

Fukushima desperta todos os temores das Centrais Nucleares, pero ¿Qué pasa en Galicia?


Foto: Enresa
O Xapón e o mundo enteiro están vixiando as consecuencias que poden chegar a ter as centrais nucleares, para uns necesarias e para outros non tan   imprescindibles si se aproveitaran máis os recursos que nos brinda a natureza. O recente terremoto de case 9 grados na escala Richter e posterior tsunami que sacudía ao país máis poderoso do mundo (que vulnerable e indefenso é o homo sapiens ante a forza da natureza), provocaron que países como España estean revisando todas as súas centrais pero ao que vamos é que parece ser que segue sen importarlle a ninguén  o Cementerio Nuclear que temos preto da costa galega, a pouco máis de 600 kilómetros mar adentro. Nin o millón de cirios de radiación (Chernobil desprendeu 130.000) que varios especialistas aseguran que desprende este basureiro nuclear nas súas proximidades, fan movilizar ningunha conciencia nacional nin internacional para analizar á Fosa Atlántica. Ignorar un problema parece ser a solución do ser racional máis ignorante do planeta co Medio Ambiente, o ser humano...así será o futuro que  deixamos aos que veñen detrás.


 Na fosa Atlántica, a pouco máis de 600 kilómetros de nós (300 millas), hai acumuladas máis de 140.000 toneladas de residuos nucleares que levan  máis 30 anos no fondo mariño, bidóns lanzados pola borda de buques de varios países, especialmente Holanda nos anos 80 e parece mentira que os países implicados non analicen o problema real e actual para saber como está todo eso. Coa corrosión da salitre e as fortes presións a 3000 metros de profundidade, os expertos calculaban un aguante de 50 anos aproximadamente destes recipentes de aceiro impresos en formigón. Primeiro o pesqueiro Xurelo, despois o Arosa 1 e o Pleamar conseguiron que a principios dos 90 se prohibira tirar máis basura radiactiva no mar...todo o que non é do mar, acaba sendo escupido a terra, dunha maneira ou doutra. E qué mellor lugar que Galicia para albergar a basura que outros non quixeron nin queren /pensaron os que practicaron estas formas (incluida España).
O palangreiro "Xurelo"
Greenpeace

Eran os mariñeiros das Rías Baixas (como sempre) co apoio de Greenpeace, Esquerda Galega e grandes periodistas, os que gritaron ao mundo enteiro nos anos 80 que non se podía tirar a basura nuclear nos fondos mariños e para colmo preto de Galicia. Buques de Gran Bretaña, Suíza, Bélxica e sobre todo Holanda, tiraban ao seu paso por Galicia miles de bidóns de aceiro e impresos en formigón pola borda... dentro, basura nuclear, o que nadie quere. O palangreiro Xurelo era o primeiro en adentrarse  300 millas no Océano e  impedir que en Setembro de 1981 os buques holandeses Louise Smiths e Kirsten Smiths arroxaran pola borda resíduos atómicos... o barco de Greenpeace "Sirius" non pudo acompañalo, estaba averiado no porto de Plymouth. O Xurelo non pudo evitar que un buque arroxara os  bidóns pero no outro tivo que intervir unha patrulleira da armada. Ao chegar a terra eran recibidos como heroes no porto de Ribeira por centos de persoas e comezaba un antes e un despois pola espectación creada no mundo enteiro coa presión exercida por periodistas e por medios visuais do mundo enteiro. A unión e a  forza da patria galega ante algo tan sumamente grave...gravísimo, comezaba a remover conciencias en pleno Felipismo.

O pleamar
 Un ano máis tarde (1982), o Sirius de Greenpeace, o Arosa 1 e o palangreiro Pleamar facían o mesmo que o Xurelo, ante os ollos de todo mundo, neste caso evitaban que o buque holandés Scheldeborg arroxara pola borda os malvados bidóns que acumulaban máis de 3000 toneladas nunha soa viaxe. Abordo do Pleamar uns 20 grandes periodistas, políticos, ecoloxistas e sindicatos e no medio dun temporal, conseguiron facendo resistencia ó seu costado, que o buque holandés non tirara esas 3000 toneladas de resíduos atómicos.  Despois dunha semana no mar, eran aclamados a súa chegada a porto por máis de 7000 persoas en Vigo. Dous anos máis tarde a Convención de Londres acordaba indefinidamente a prohibición deste tipo de manobras na Fosa Atlántica. Definitivamente no 1995 era prohibida totalmente esta práctica ante a forza social e o clamor dos galegos.

Dende o CSIC (Centro Superior Investigacións Científicas) aseguraron que o peor enemigo dun problema é ignoralo. Mentres tanto, nos nosos fondos hai depositados entre outros restos de productos atómicos; Uranio, Criptón, Plutonio, etc.

En definitiva, cousas e manobras que solo pode facer o animal máis grande do planeta terra...o noso ser. Agora os residuos actuais que xeneran as plantas nucleares, deposítanse en minas e baixo terra...disque. A un venlle á mente este cementerio unha vez todos falan da seguridade Nuclear e lamentando profundamente as víctimas do Xapón. Greenpeace...<< nos nosos fondos temos unha bomba de reloxería >>..mentres tanto, os   Consellos de Seguridade Nuclear nacionais  e internacionais nin sequera miran de reollo para o Cementerio Nuclear que se extende pola nosa costa. !!Galicia!!

6 comentarios:

  1. impresionante chaval,non sabia eu nada de esto

    ResponderEliminar
  2. o outro dia vin das notisias que falaban de esto,do que pasou en japon.
    teñeno bastante complicado.e como ben dis ti,canto mais complicado menos queren falar do tema.
    ahora que xa estan aqui as navidades abra que pedirlle a papa noel que se acorde un pouco deles...
    e para todos nos quero desearvos unhas felises festas.

    ResponderEliminar
  3. JODER PRIMO NON SAVIA EU NADA DE ESTO, BAN SALIR OS PULPOS CON 7 OLLOS,!!!!

    ResponderEliminar
  4. Haber si me sale este mensage mikel que o enconteri por internet,escribe algo tio
    Reproducción da Oda de Pepewells a Mikel
    "En una mano la espada, para combatir implacable y sin cuartel al enemigo del pueblo humilde y trabajador, a aquellos que de forma artera y traidora esperan agazapados en las cunetas de los caminos para quitar el pan a la plebe marinera; en la otra, la pluma para ilustrar al noble pueblo la senda recta que ha de seguir y para prescribir justas leyes que regulen las relaciones entre los hombres. Indómito y severo con el enemigo, que no esperen piedad los que osaron enfrentarse con la libertad y la igualdad, con la justicia que hace iguales y libres a los hombres; leal y compañero con el amigo, siempre tendrá una palabra de apoyo para el necesitado. Ahora dicen que se ha retirado a sus cuarteles de invierno para, entre el calor de los suyos, curarse las heridas que los que hicieron de la cobardía y la traición una profesión le asestaron por la espalda. Nos deja a nosotros, sus discípulos, en el campo de batalla, piensa que sabremos defender con honor el pabellón que él tan alto enarboló. De vez en cuendo saldrá de su humilde morada para avizorar el horizonte y ver si los negros presagios que se ciñen sobre el pueblo que tanto amó siguen lejos de la frontera, una Línea Maginot que Mikel trazó a fuego sobre su corazón. En caso de peligro, volverá ceñirse la coraza de bronce y sobre blanco caballo alado, cual Alejandro sobre un nuevo Bucéfalo, volverá a embestir contra la canallería que dejó su cuerpo cincelado de cicatrices. Tan sólo tendremos que llamarlo...


    En una mano la espada, en la otra la pluma.


    Guerrero y poeta."

    ResponderEliminar
  5. Este poema, que onte presentei na Radio Galega, no espacio Pensando en ti, de Marcial Mouzo, está adicado ao noso pobo Camariñas. E vai por todos os que tanto amamos a esta terra:



    AÍNDA VEXO

    Aínda vexo por non ver
    do meu pobo os seus encantos,
    cas lembranzas daquel querer
    buligando polo meu ser,
    e alporizando os meus prantos.

    Aínda vexo as túas hortas
    polo Muíño do Vento,
    entre corredoiras tortas,
    cas paredes sen as portas
    polas que entro sen alento.

    Aínda vexo palillar
    no sollado de Isolina,
    enfiando o pano á rematar;
    e, no pote, bolos do lar,
    e cuncas pola Cantina.

    Aínda vexo a bisbarra
    ateigada de piñeiros;
    e a Arximiro na gabarra,
    ca súa moura zamarra,
    escallando a rapaceiros.

    Aínda vexo unha fogueira
    pola outra banda da ría,
    e ao Nacho nesa xeira,
    escorando na traiñeira,
    por Merexo cando ardía.

    Aínda vexo enfornadas,
    cas fábricas á fumear,
    e as tripadas entubadas,
    escorrendo mesturadas
    en Cerdeiras i en Aguiar.

    E vexo ó pombal de meu pai
    enriba do galiñeiro;
    e a botica da miña nai;
    e aos meus zapatóns que fai
    Modesto do zapateiro.

    …Lebres no monte da Vela,
    e a Tubío con Luceiro
    polos carreiros da Arnela,
    ou polas leiras de Insuela
    cun fungueiro candeeiro.
    E sinto toca-lo corno
    dende a Praza ata Merexo,
    e o resón do seu retorno
    nos agros do noso entorno,
    por onde guicha o conexo.

    E vexo ao carniceiro,
    fachendoso no cabalo,
    con bestas de bo vaqueiro,
    cruzando polo meu rueiro
    e apeándose nun valo.

    E vexo a Fonte Barreira,
    minguando no río do Prado,
    ca Linda nosa leiteira
    camiñando pola beira
    co cántaro cobizado.

    E o estrume nas bandas perde
    a Mariano da Cabreira,
    cun carro de toxo verde
    que, polos fungueiros, ergue,
    pola Grixa e a Lontreira

    E vexo as ascuas po incensario
    que tiña encargado o cura,
    dende o agro ao campanario,
    a toxeira no igrexario
    era a de mais perdura.

    E os Campaña e mailos Nito
    tensando a corda, cun pano
    de medianeiro interdito,
    por ver quen leva o cabrito
    polo Carme d´aquel ano.

    Vexo as tropas de Finito
    cun lanzamento moi lampo,
    e as espadas do Morito,
    ca estratexia do gambito,
    remontando polo Campo.

    E, a beira do bar Miramar,
    a buxainas e mais aros
    i os ecos de: -Por ti ó Pasar-
    cas nenas no rio á lavar
    nas cantareiras, lembrarvos.


    Vexo, aínda, Camariñas,
    nas lustres do noso faro,
    a unhas aboiadas barquiñas,
    son miúdas gameliñas
    refulxindo en luz de amparo.

    E vexo a Costa da Morte
    co Bufardo e cas Quebrantas,
    e, o Farelo, de consorte,
    sangrando en ventos do norte
    por esta terriña santa.

    Vexo a branca caramiña
    na Pedrosa e mais no Trece,
    e o nome de Camariñas,
    co berce nas areíñas
    nas campas onde florece.


    E vexo o faro Villano
    abrindo paso cos fachos
    de luces que espalla, oufano,
    o rei do mar soberano,
    dende a cima dos penachos.

    Lonxe da miña casiña,
    que tanto está a laiar por min,
    os acougos da terriña
    ían coa miña morriña
    dende aquel día en que eu nacín.


    Antonio Puertas










    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo