Históricamente, os concellos da Costa da Morte sempre estiveron afastados do ritmo no desenrolo que levaron outras áreas de Galicia. Facer forza e unión eran necesarias para que un municipio non tirara para Norte, outro para Sur e andar a escasas voces cada cuál pola súa conta. Un 9 de Marzo do 1992 fundábase a Asociación NERIA ante a iniciativa dun grupo de alcaldes que chegaron a agrupar 17 concellos entre eles; Camariñas, Cee, Corcubión, Fisterra, Malpica, Laxe, Dumbría, Corme, Carnota, Muxía, Zas, etc. A súa función era convertirse no motor de iniciativas culturais, sociais, turísticas e económicas de toda a nosa zona pola xeografía adiante. O Concello de Zas e ante a necesidade dunha ITV (inspección técnica de vehículos) na nosa Bisbarra, iniciaba os trámites necesarios en Setembro do 2010 coa empresa de Supervisión e Control para que no polígono do Allo do mesmo municipio se instalase dita planta. Cos terreos xa cedidos á empresa e co permiso correspondente do concello de Zas, o presidente de Neria e alcalde de Cee, Ramón Vigo, ocurríuselle facer ironía pedindo a ITV para o seu municipio. Esta mesma semana a xóven candidata polas filas Populares da vila da Xunqueira facía o mesmo formándose unha división na zona que o único que fai é demostrar que ante as necesidades dunha Bisbarra, priman antes os intereses persoais e políticos.
Dende Camariñas da prácticamente igual desprazarse a Zas que a Cee pero todo esto retrasa unhas instalacións que xa podían estar rematadas. Manuel Muíño, alcalde de Zas, outros alcaldes e a Plataforma de desenvolvemento da Costa da Morte (agrupa unha veintena de entidades) que curiosamente coordinan Neria e a Fecom, ven gato encerrado e non é para menos.
Son moitos días os que levan loitando dende a Plataforma para poder entrevistarse co director xeral de Industria Ángel Bernardo. Remitíronlle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo co fin de recibir o OK do único trámite de industria que falta e poder comezar xa cos traballos da nave para albergar a ITV . Mentres tanto, ¿qué dí a Xunta de todo esto? Segundo o alcalde zasense e dende a mesma plataforma, non recibironn resposta algunha ao respecto.
Socialmente comeza a percibirse que o alcalde de Cee e presidente de Neria non arrimou o hombro con Zas.Ante unhas eleccións que están na porta, políticamente sería outro gran impulso para Cee, considerada a Capital da Costa da Morte por todos os servizos que presta a todos os municipios da costa; Hacienda, Hospital, Centro Comercial, Bombeiros, etc. Un alcalde debe velar polos intereses do seu municipio pero un presidente dunha Asociación de tal calibre considérase que debería facer o ben común de todos. Agora a ITV sería tamén un bon prato para completar aínda máis se cabe á pequena cidade ceense. Mentres tanto dende Zas e ante o importante volume de coches e concesionarios que aglutinan Baio e lindantes, consideran que non se están valorando as prioridades lóxicas e xeográficas da nosa Bisbarra. Varias pancartas, colgan pedindo o desbloqueo do que consideran unha burla máis das que se solen vivir neste recuncho único e de sempre (aínda que sone mal) aparentemente dividido. O alcalde de Zas moi decepcionado, borrou do mapa de Neria ao seu concello. E un pode preguntarse...¿pero non quedamos en velar polo desenrolo de TODA a Costa da Morte?..co bonito que sería poder ler...
A Costa da Morte unida endexamáis será vencida.
Si xa o decía o monarca cando o Prestige...gallegos "todos a una como fuente ovejuna"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo