Páginas

miércoles, 20 de julio de 2011

O barco de cerco camariñán o "Corroso" puxo rumbo a Norte e agora navega polo Cantábrico

Interesantes, impecables e contrastadas por un grande  compañeiro e querido amigo deste redactor, residente na actualidade coa súa estimada familia en Gijón, as novas e fotos que Manuel do Caracol nos trae como colaboración de luxo para os lectores de Camariñas Directo. Este xóven camariñán, casado con Raquel, con sangue e venas mariñeiras, deixou por un momento as palancas da maquinaria pesada para acercarse a Lastres. Alí concretamente, en San Martín del Sella como nome ficticio da serie televisiba Doctor Mateo, está amarrado o que ata fai escasos meses era un barco de cerco camariñán. Na actualidade e adicándose á mesma arte de pesca, o Corroso que entrara en servizo no noso porto alá polo ano 1985 en compañía dos irmáns Juán e Chas, agora surca o Mar Cantábrico e o seu novo dono asturiano non o está facendo nada mal coa captura de Bocarte, "fai majas" como diríamos por aquí. Este barco de madeira construído no asteleiro da Ponte do Porto, ten pouco máis de 14 metros de eslora e salvo escasos retoques de cor na pintura, puxo Rumbo a Lastres (Asturias) definitivamente con moitos recordos dentro e fora dos seus catres, salitre camariñana e historia mariñeira durante máis de 30 anos que estibo de servizo no noso porto. Que teñas bos ventos e ata sempre Corroso.






O Corroso en Lastres
Nota da Redacción: Non te perdas a próxima reportaxe en relación co outro barco de cerco camariñán "Gallego José". Veremos a transformación que sufríu ese barco con 3 metros máis de eslora no asteleiro de Avilés. Gracias Manuel...........

6 comentarios:

  1. muita suerte corroso que teñas boa pesca.tamen fostes para un porto ben bonito.

    ResponderEliminar
  2. gracias a ti miguel e normal que de boca en boca esto guste porque falas de todo esta a tope es un artista

    ResponderEliminar
  3. ...EU DIJO O MISMO QUE JOSE PRIMO COMO VEN DI ERES UN ARTISTA E O CARALLO...

    ResponderEliminar
  4. NON HAI MAS QUE VER ENTRE LINEAS O AUDAZ E CERTERO QUE O FAI,ESTO SI QUE E DAR IMAGEN BOA DUN PUEBLO,DEBERIAN COLLER EJEMPLO ALGUNS DUN HOME DE MAR QUE CHEGA CANSADO DO SEU TRABALLO E SIN NECESITAR APOYO POR DETRAS,CHAPO MIKEL

    ResponderEliminar
  5. que importa quen e magia.escribo en este blog por ser magico,relajante,humilde,porque e sensillo opinar,entretenido....pero sobre todo por a persona que o fai posible sacando o tempo de donde sea ainda que sei que ten ben pouco.animo mikel que donde ti escribas magia estara ahi animandoche porque escribes con arte .
    ehhh puxen un comentaria a mañan e non o vexo jajaja.

    ResponderEliminar
  6. Agradécense as vosas palabras ainda que as veces as considero exageradas hacia miña persona. Magia, na entrada do saúdo navegante pasaban automáticamente os comentarios para esta entrada, creo que quedou solucionado anque dese comentario que me dis non o detectou o servidor, menos mal que mandastes outro, ti si que levas MAGIA por dentro e por fora.Saludos para tod@s.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo