Páginas

martes, 17 de mayo de 2011

O sector turístico da Costa da Morte está perdendo o tren de investimentos por non contar cun interlocutor único


A Asociación Profesional do Séctor Turístico da Costa da Morte (APTCM) constataba a semana pasada que se están perdendo investimentos da Secretaría de Turismo por non contar cun ente de consorcio activo e único, mancomunidade ou interlocutor que vele pola unidade do conxunto da Costa da Morte. A subdirectora xeral de turismo, María Antón, facía fincapé en lugares como Arousa ou Ribeira Sacra que sí contan cun ente en forma e unido. Pois é unha mágoa ver tanto e bo traballo elaborado polos diferentes concellos da costa máis ou menos cada un ao seu rumbo. Por poñer un exemplo, non podería ser doutra maneira, ollando unha central de reservas turísticas especializada en hoteis, balnearios, apartamentos e viaxes con destinos por España, Portugal, Andorra, Francia e Italia, "agalicia.com" amosa unha ampla información do noso concello. Este vídeo elaborado por Diego Alonso, poñe o seu broche de ouro nunha das centrais de reservas turísticas máis importantes do noso país. Oxalá un día a Costa da Morte sexan varios destinos xuntos e unidos polos principais puntos turísticos que a Natureza nos brinda.

1 comentario:

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo