Páginas

miércoles, 18 de mayo de 2011

A voceira socialista de pesca Marisol Soneira apoiou aos profesionais do mar nunha importante asemblea organizada por ASOAR-ARMEGA

Foto e fonte; Quepasanacosta
Hai veces que un edita entradas e unha vez plasmadas pensa que quizáis estaba equivocado opinar en temas tan delicados como é o mundo do Mar, despois, segundo vas vendo en importantes diarios informativos como neste caso Quepasanacosta que publica que o día 14 deste mes era convocada unha  asemblea de armadores e pescadores de artes menores de Galicia co fin de plantexar solucións ás difíciles medidas que atravesa a pesca artesanal e les afortunadamente de persoas importantísimas nas altas esferas do sector como son, a secretaria do mar Alicia Villariz, o presidente e secretario de ASOAR e a deputada camariñana no Parlamento de Galicia, Marisol Soneira  que comparten as mesmas inquietudes que un simple editor reflexou nun blog (non equiparar os topes e medidas industriais cas artesáns), parece que descargas a ira de impotencia e cargas de aire de novo o peito. Marisol Soneira, coñecedora como poucos (por tradición familiar mariñeira e porque vive o mundo do mar) dos modos de vida dos mariñeiros locais, estibo da man da Asociación de Artes Menores (ASOAR) con sede en Corcubión nesa importante asemblea que polo de pronto, próximamente poderase volver a pescar merluza ainda que sexan unhas módicas 40 toneladas adiantadas do próximo trismestre. Está claro que a unión e a voz no sector pesqueiro artesanal son imprescindibles.

2 comentarios:

  1. Podes poñerlle o peito que queiras mijel que nas artes menores lebadelo desda cuna con xente preparada coma ti tiñan que ir os peixes jordos e asi saberian os problemas reales e millor nos viria

    ResponderEliminar
  2. eu solo penso quen non deixan traballar,non temos liberta para facelo.por poñer un ejemplo si hai tanta merlusa porque non se pode coller.de toda vida se foi o mar e cada un collia o que podia e nunca o mar quedou sin peixe.tantas prihibicions para que.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo