Páginas

lunes, 11 de junio de 2012

Camariñeando pola rede

Rexurdía Galicia a partires daquel 1863 cando Rosalía removía conciencias con Cantares Gallegos cansada do desprezo e caciquil humillación que sufría o pobo galego e a súa lingua. Curros Enríquez ca mesma estela compoñía poemas burlescos anticleristas caendo un por un os sete pecados que no seu tren atopou ata Roma. Así ata ir chegando ao Parlamento galego en plena Democracia para votar por unaminidade que o Galego era lingua cooficial co Castelán. Camariñas Directo desde o seu día optou pola súa sencillez e o falar camariñán e poucas son as palabras que se van colando no medio, consideradas galego falantes (as que se poñen é para familiarizarse con elas). Totalmente a favor de que case a totalidade dos medios informativos usen o galego oficial para comunicar (deberían dar exemplo tamén certas autoridades relevantes do panorama político galego) nós por aquí seguiremos respetando o "camariñán". Xa se sabe que "ahí" debemos recortarlle o "h"...que non é "mar salado" senón "mar salgado"(non o dos conxelados)...que "Enrique" procede de "enriquecer" e sonaría mellor "Henrique"...incluso o imprescindible (imprescindíbel) cando fai frío "Termo" correspóndese máis con "Término". En fín, camariñeando comarea co fácil que sería introducir o texto nun traductor pero non se fai porque os nosos toponimios (ás veces mofados) son moi famosos, mellor dito "Afamados" que é como reza na Real Academia Galega e a parte diso, son moitos os bailes que se fan ca lingua oficial, tanto podes ver "Colle-la" cando "la" non é un artigo como podes pasar de ver "Todo-los" a "Todos os" dependendo de onde veña o vento. Dise isto por unha notificación recibida a esta redacción (posiblemente recortándolle unha "c") na cal nos propoñía pasar os textos escritos aquí ao castelán e como compensación ao seu márketing de publicidade duns productos determinados bonificar con algúns en concreto a Camariñas Directo. Es que yo copio y pego al traductor y no sale correcto..."normal" é que en Camariñas mesturamos galego, castelán e celta ao mesmo tempo, sinal de identidade diferente en cada recuncho galego, incluindo o acento. Acaso non se distingue un fisterrán dun camariñán na fala? ou sen ir máis lonxe un de Xaviña?. Mentres tanto seguiremos "camariñeando" na medida do posible (posíbel). Forma parte da nosa identidade. Simplemente "vitaminas" ao camariñán.

7 comentarios:

  1. Así me justa compañero. Tamén eu cando empecei a escribir po nóso pobo, houbo algún “ listo “ que se escandalizou pola maneira de mesturar jallejo, con galego,…Jalisia con Galiza ou Galicia, etc. Pero, eu, xa advertín naljunha ocasión que ía cociñar broa de millo da Ajra de Orellas, con molete de trigo de Castilla, e peixe do canto, con cordero de Burgos…
    Así é que, tranquilo como Amancio.
    Aí vai ( ou ahí vai- como queirades- ) un poemíña da miña colleita:



    AIRIÑOS

    Airiños, que gardo dentro
    e que marcan meus falares,
    aires que marcan o acento
    cando falo os teus falares.

    Levan a forza do vento
    cando sopran nos meus lares,
    cando suspiro por eles
    e cando afogo en cantares

    Cando lembro a miña xente
    e cando canto pesares;
    airiños, airiños aires,
    que estoupan cos meus falares.

    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. Chapo maikel,eu estudiei dereito e cando vin por primeira vez abogado con v,alucinei.precioso poema como sempre antonio puertas

    ResponderEliminar
  3. Gracias, amigo. O mesme pasoume a min, ca v de Abogado...alucinei. Nos nosos tempos ninguén estudiou galego, e, o que sabíamos, era o jallejo que falabamos polas rúas. Nin siquera os escritores, ou os poetas " afamados ", sabían escribir, naquel entón, o galego imposto pola normativa lingüistica, e cometían infinidade e erros.
    Ademáis, os idomas os dicta o pobo falante. Tampouco eu renego, naturalmente, da normativa que debe existir pa regular as falas... " Limpia, Brilla y da esplendor " non é misión nósa,e ,os que escribimos pa o noso pobo e pa os nosos amijos, facemolo a sabiendas que ímos a ser tolerados polos nosos " fallos "

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. eu tuven unha profe que se chamaba antonia e ela desia que todo jallejo falado en jalisia e ben falado

      Eliminar
  4. Galego-Camariñán
    Tamén eu estou de acordo, claro. Ainda que non son moi partidario de chamarlle afamado a unha persoa que teña fama. Prefiro dicir que ten sona porque afamado, en Camariñas, é ter fame, non fama. Ou pasar fame, mais que ter fame, porque, de pequenos, cando víamos a algún dándolle ó dente, dicíamoslle "¡canta pasas!. Polo demais, dicir coma area está moi ben, pero os camariñáns de toda a vida tamén disimos navarda ou ambute, que ven a se-lo mesmo. E unha cousa mais, que confirmei hai anos no ILGA: Camariñas é o único sitio onde lle disimos labañeiras ás nécoras. E takatás ós santiaguiños. Unha aperta. Xosé-Luís.

    ResponderEliminar
  5. MUY BUENO....inda que sea castrapo,sige asi

    ResponderEliminar
  6. En primeiro lugar agradecer a vosa participación especialmente os identificados Antonio e Xose Luis polo poema e comentario dun dos galegos-camariñáns ilustres que desto sabe a mares. O das labañeiras e tacatás non sabía que fose confirmado no ILGA anque me imaxino que un camariñán ata médula como os mencionados arrastran a morriña de Camariñas ata o último rincón. Eso mesmo mencionei eu noutra enquisa arquivada en etiquetas Xose Luis. Saúdos a esas terras do encanto. Sobre o poema de Beldoña, que von dicir que non dixera, quen o leva dentro e sale da alma con esa maestría, sempre é un pracer para os amantes da lectura. Sobre o último comentario,efectivamente, Castrapo, e nunca mellor dito. Saúdos

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo