Páginas

miércoles, 6 de junio de 2012

A revista da Real Liga Naval Española homenaxea de novo á Costa da Morte

Foto cortesía  La Voz de Galicia
Poucas persoas no mundo enteiro quedarían sen ver a imaxe de Manfred Gnadinger, máis coñecido como o "alemán de Camelle" morrendo de pena, desbordado e impotente ao levantarse unha mañá e ver o seu traballo artístico embadurnado de  chapapote. Actual e burocráticamente en estado de abandono, aínda hai talentos que seguen lembrando que o legado de Manfred é digno dunha solución antes que sexa tarde. Según fontes do noso estimado veciño José Manuel Lema, director do diario dixital www.anosacosta.es, un traballo fotográfico sobre Man elaborado polo delegado en Galicia da Real Liga Naval Española, o laxense José Manuel Pato, foi premiado entre centos de fotos enviadas desde toda España e de novo a revista Proa al Mar, órgano da RLNE rende tributo á Costa da Morte poñendo en portada unha imaxe  do museo do falecido anacoreta na súa última edición. Pato xa tocou con anterioridade as fibras da prestixiosa revista da Real Liga Naval, fundada en 1900. Unha placa  foi posta no Cementerio dos Ingleses ao considerar o delegado galego que a Punta do Boi é o corazón dunha costa salpicada por máis de 450 naufraxios e 3500 afogados, especial fincapé ao desastre da Armada de Padilla en Fisterra no ano 1596 onde faleceron máis de 1700 persoas. Son moitas as críticas que chegan de artistas, escritores e visitantes do mundo enteiro polo estado pésimo de conservación do Museo de Man. Consideran que tanto as obras gardadas pola administración local como a súa vivenda e o entorno artístico a carón do dique de abrigo de Camelle corren serio risco de desaparecer.

4 comentarios:

  1. como sempre unha escelente reportaxe,oxala este artigo faga eco, e que alguen se interese polo legado de Man,cada dia mais deteriorado polo abandono das autoridades!!

    ResponderEliminar
  2. MAN

    Cando acheguen de alta mar
    fontes baleiras de vida,
    e se mesturen, ó envorcar,
    ca arte na pedra esculpida.

    Cando aves caian magoadas
    nas negras sombras batidas,
    e, en alcatrán enchoupadas,
    laien polas rochas caídas.

    Os seus lamentos fuxirán
    co home que purga as feridas,
    anegando ó mesmo alcatrán
    bágoas que pingan erguidas.

    E, nunha mañá encalmada,
    ás néboas despuntarán
    erguendo a imaxe aniñada
    coa luz prendida por Man.

    Antonio Puertas.

    ResponderEliminar
  3. Precioso poema puertas,man hacia arte de lo teoricamente inservible

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo