Páginas

jueves, 7 de junio de 2012

A Bandeira Azul ondeará por primeira vez no Porto Deportivo de Camariñas

Foto montaxe Club Náutico Camariñas
Impresionante o traballo que levan realizado na directiva do Club Náutico de Camariñas presidida por Alberto Artaza para conseguir o distintivo que indica calidade nos servizos de limpeza, accesos adecuados, educación e protección ambiental, auga potable, etc, que entregan en forma de Bandeira Azul a Fundación Europea de Educación Ambiental, previa e severa inspección de ADEAC e varios xurados da Unión Europea ás mellores praias e portos deportivos. Entre os menos de 100 portos en España e 17 en Galicia estará o Club Náutico de Camariñas. Nunca antes na nosa historia, unha bandeira azul que non fose en épocas electorais se víu por asomo, dahí a dificultade para poder plasmar unha imaxe auténtica que fale por sí soa entre as mellores axencias turísticas. Sen lugar a dúbidas esta é unha gran noticia para a Costa da Morte dado que centos de iates de todo tipo se adentran nas nosas augas ano tras ano. Alberto Artaza agradece na Voz de Galicia ás entidades e persoas que axudaron a conseguir este distintivo comezando polo concello e valorando de forma moi especial a Portos de Galicia. Felicitamos ao Club Náutico de Camariñas polo conseguido porque é un orgullo para calquer camariñán de ben e oxalá se poida seguir conservando polo prestixio que sempre caracterizou ao porto deportivo máis importante da auténtica Costa da Morte. No referente ás praias, tan só Laxe e Dumbría, a primeira tamén ca "Q" de calidade consiguen conservala e si estiramos máis a nosa costa ata Carballo e Laracha son 9 en total. Galicia con 126 é a comunidade con máis bandeiras azuis nos seus areais de toda España. Pola parte negativa sorprende que Estorde, Quenxe e Langosteira non poidan ondear o azulado trapo a pesares do seu enclave no Fin do Camiño de Santiago. Noraboa a todos os que traballaron, traballan e fan posible que o porto náutico camariñán abra máis as súas portas ao mundo enteiro.

1 comentario:

  1. PARABÉNS Ó CLUB NÁUTICO, A SÚA XUNTA DIRECTIVA, Ó POBO ENTEIRO DE CAMARIÑAS E A CANTOS TRABALLARON por que isto fora una grata realidade.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo