Como o prometido é deuda e ante a lexión de seguidores que siguen Camariñas Directo desde a vila porteña, este ano faremos un exhaustivo seguimento á Liga de Fútbol Cadete (1ª autonómica G3) que dará comenzo este próximo sábado día 27. Un Porteño F.C que baixo a batuta do empresario Ordóñez e o mariscador Castro se leva moldeando durante estes anos verá reforzado e compensado o seu plantel con importantes incorporacións que inxectaron ilusión a un equipo formado a base dun sano traballo, compañerismo e por qué non dicilo, calidade. Si o estado do terreo de xogo da Grixa llo permite, o único equipo en categoría cadete do Concello de Camariñas xogará o seu primeiro partido desta tempada 2012-2013 a partires das 16:15 h. recibindo ao Coristanco como rival e si o estado do mesmo campo non se presta xogarase no Hermanas Patiño (horario por confirmar). Máis tardía que as demáis ligas, ilusionados esperan o día, este amplo plantel formado por case vinte pupilos anque só poderán ir convocados 16 en cada encontro, o único quebradeiro de cabeza do adestrador Ordóñez que lamentablemente terá que facer descartes e terán que sudar a camiseta para facerse un oco. Como ven sendo común nos nosos veciños de "quepasanacosta" destripando deportivamente todo canto se coce en todas as categorías deportivas e máis intensamente con ampla escolma de fotos incluída en "piratasdemuxía", desde Camariñas Directo tampouco se perderá detalle do Porteño onde xogador por xogador irá aparecendo en cada unha das crónicas semanais enlazadas nunha pestaña que estará disposta en "Etiquetas-Seccións". Na imaxe, por arriba e de esquerda a dereita; Ordóñez, Miguel, Damián, Mario, Bruno, Alex, Gonzalo, Antonio, David, Michael e Álvaro...abaixo; Castro, Adrián, Manuel, Jose Manuel Sar (Josiño), Brais, Jose Manuel Castro, Pablo e Rubén (ausentes nesta foto, Martín e Iván). Moita sorte chabales !!
Dereita a esquerda;Castro e Ordóñez |
a min puxesteme mal o apelido son jose manuel sar (josiño) en vez de jose manuel lema
ResponderEliminarGracias Josiño, xa está corregido.
ResponderEliminarEncantame, polo menos este ano temos un bo equipo e unha paxina donde nos poden conocer mellor, e donde poden saber donde xogamos.
ResponderEliminarGracias.
Saludos, David Vergari Gómez
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar