Cando entramos en Camariñas o primeiro que se ve son as ventanas abertas e as camas sin facer. Esta frase levada a un popular tema musical queremos pensar que fai referencia a que en Camariñas se madruga para traballar e as ventanas ábrense de par en par para ventilar. Na actualidade o que destaca cando se entra na Capital do Encaixe non é precisamente iso senón uha lonxeva Araucaria prantada pola segunda xeración da inestimable familia Cerdeiras. Foi unha curiosidade a que merodeaba pola cabeza deste redactor xa fai anos e que se veu consumada estes días despois de contar coa colaboración do noso querido amigo, redactor da Voz de Galicia e membro da citada familia, J. Manuel Ferreiro. Este pino, como lle chamamos erróneamente aquí ao igual que en outros lugares do mundo, foi prantado pola segunda xeración dos Cerdeiras fai 75 anos. Segundo nos comentou Andrés (4ª xeración) os seus proxenitores prantárono diante da casa principal unha vez finalizada a súa construcción. A día de hoxe as aceiras que conducen á Area da Vila están notando os efectos negativos das súas raíces ao igual que o subsótano da morada próxima e incluso o tellado pode correr perigo cando é golpeado polas súas ramas cos fortes ventos. Adaptouse á nosa terra, ten alma propia, representa o "pilates" de Cerdeimar e vixía aos catro costados formando parte das mellores estampas navideñas cando é especialmente engalanado pola citada familia.
sábado, 31 de agosto de 2013
75 anos dun fósil vivente con alma propia en Camariñas

Publicado por
Camariñas Directo
ás
13:21

Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Curiosidades
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Esta lonxeva araucaria, xa chamaba a atención ao pobo de Camariñas e aos visitantes, cando eu era un neno. Tratábase de un “ raro “ exemplar de “ piñeiro “ descoñecido pa todos nos. O seu crecemento, dende entón, foi considerable, a pesar da lentitude con que se moven estes “ monstros “ da natureza; o tempo non pasa en balde, sobre todo pa nos, que somos os que mais notamos eses cambios.
ResponderEliminarSeguramente fora dona María, quen plantara esa preciosa árbore diante da súa casa. Eu nunca esquecerei a esa muller, pois, despois de quedar viúda, tódolos meses encomendaba ao cura facer unha misa en sufraxio do seu marido no panteón familiar do noso camposanto. Eu era o monaguillo, e, nunha ocasión, doume a maior propina que nunca eu recibira sendo rapaz, CINCUENTA PESETAS; todo unha fortuna...E, díxome, por aquel entón:- “ non llo digas a ninguén, pero, isto é pa ti... “
Agora, despois de tanto tempo, xa prescribío a miña promesa, é podo dicilo claramente a todos vos, e darlle novamente as grazas.
Antonio Puertas
Carallo Puertas que calado o tiveches todo iste tempo. Eu non vin unha perrachica desa fortuna, e mira que trotábamos xuntos daquela ¡eh!.Tereino en conta; eu creia que compartias todo o que tiñas cos teua amigos pero xa vexo que non era así.En fín e boa verdade que donde menos o esperas salta a lebre.
ResponderEliminarUnha aperta grande Toño
Tista
Maxetuosa arbore,onde como ben se narra niste artigo, e a falta de abelorios polo propio concello,
ResponderEliminarista arbore resalta todo o seu esplendor e corido en datas tan amigables como e o nadal.
Kiños
Amigo Tista, ti ben sabes o moito aprezo que che teño dende que eramos nenos, e o moito que temos xogado xuntos ó longo e ancho do noso pobo, malia a todo eso, as promesas están pa cumplilas. Deille a miña palabra a señora María, que non ía a descubrila. Dígoche de verdade que esta anécdota foi así tal cual á conto. Aínda me parece que á estou vendo sacar os cartos do peto,e, nunha esquina do panteón, despois dunha desas misas, abrirme a man pa deixarme o billete de 50 pesetas, emocionada pola recente morte do seu home. Saín correndo como se me houbese tocado a lotería.
ResponderEliminarUnha gran aperta, amigo Tista.
Ah¡ , perdón Tista. Non compartín contigo eses cartos, porque a miña nai deixounos nun peto, e era ela a encargada da chave. Pasado o tempo, os no puxo no banco; e, ahí morreron co soño dos xustos, ata que non valeron pa nada, nin pa nadie. Eu, como ía a traballar nese oficio, tiña que dar exémplo de aforro, malia, a que me arruinara coa medida con que se miden os aforradores.
ResponderEliminar