Pincha na foto para ampliar |
Este vindeiro luns día 11 de Abril, está previsto que os barcos de cerco do porto camariñán se vaian incorporando á súa faena. Practicamente o groso da flota a excepción de tres barcos levaban algo máis dun mes no paro. O Argentino, o redeiro que antigamente se chamaba Manuel de Lin estaba hoxe afinando os preparativos para que o luns estea todo arranxado. O Lago dous e o Siro segundo están para sair do carro e teñen prevista a chegada a porto esta fin de semana. O Muro de Fontán seguirá no asteleiro e o 4º Cabo Naval irá este xoves, desta maneira agás estes dous últimos redeiros, a flota ao completo estará lista para comezar a traballar. Manuel e Carlos de Lin, patróns do Río Bao un e Lago dous respectivamente, quizáis tarden uns poucos días máis. !! Que haxa boa campaña compañeiros !!
Será a partires do luns cando poidamos ver de novo o noso peirao en plena marcha. O primeiro en sair (aparte dos que están) sen dúbidas será o barco do Argentino, apoiado polo seu irmán Luis, persoas xóvenes pero no caso deste último, con veteranía e bos maestros. Despois irán sucesivamente incorporándose todos os demáis, faltarán o Gaviota, vendido para Portosín e o Corroso, en venta e de momento en dique seco. Outra parte da frota pesqueira, os barcos que faenan con nasas de polbo, maiormente irán ao paro biolóxico (data aínda por determinar) e outros cambiarán de arte de pesca nos vindeiros días, especialmente será o palangre a próxima forma de buscarse a vida no medio do charco atlántico.
O argentino é o armador máis xoven dos redeiros camariñáns |
Salvador, mariñeiro do Argentino |
Normalmente cando se producen estes paróns na flota pesqueira de Camariñas, os seus armadores fan un mantemento nos barcos que son custosos pero imprescindibles para a vida da madeira especialmente. Calqueira persoa que merodee os diferentes portos da Costa da Morte, poderá comprobar que os barcos de Camariñas están a todo detalle. Non hai máis que ver ó Argentino, por poñer un exemplo.
Buena pesca a todos.
ResponderEliminarhaber si todos pescan ben que boa falta fai.
ResponderEliminar