Onte 22 de Maio de 2011 era o día que lle tocaba falar ao pobo nas urnas e así foi. Cun 80% de participación da cidadanía, Pichurri, actual e futuro alcalde nos próximos 4 anos conseguía 7 dos 13 escanos e volve a darlle ao PSdeG-PSOE a maioría e van tres décadas (que se din pronto) no Concello de Camariñas. Como é lóxico, ao principio do reconto dos sufraxios mezclábanse emocións, nervios e inquietude por saber que pasaría a partires das 8 da tarde. Segundo avanzaban os minutos, a casa do pobo onde ten a sede o Partido Socialista íase enchendo de persoas de todas as parroquias de Camariñas que querían abrazar a un aclamado alcalde que non quixo dicir nada ata saber realmente as cifras exactas do reconto final. Unha vez a secretaria do partido Encarna Liñeiro emocionada e humildemente entonaba un "Ganamos as eleccións" levantouse a euforia de centos de persoas que se agolpaban dentro e fora da sede socialista ata ben entrada a noite. Sen ningunha incidencia e un respeto educacional en todo momento, Camariñas volveu a empuñar a Rosa e cerrouse un día pletórico de celebracións, abrazos e tensión contidas. Agora ábrese outra etapa, catro anos máis que D.Manuel Valeriano Alonso de León seguirá traballando arreo polo noso concello entre xuventude e veteranía. !!Felicidades!!
Demostraban os folletos electorais os 35 millóns de euros invertidos polo actual alcalde en obras e servizos durante estes catro anos que se din moi fácil. Ningún alcalde da Bisbarra foi quen de levar adiante o tan necesario PXOM adiantándose ás consecuencias da liña marcada por Costas coa aprobación do POL nas cales perxudicaría moitas vivendas e tendo en conta as datas electorais a maior parte dos alcaldes tirárono no caixón. Son poucos ou ningún os rexidores que fixeran tanta inversión millonaria nun concello das nosas características en catro anos e sobre todo facendo fincapé en algo que non se ve pero é fundamental, custoso e saudable, o saneamento das nosas augas residuais nun concello tan disperso como o noso, a eliminación total dos vertedoiros, etc. Seguramente a Pichurri gustaríalle que a Deputación que actualmente perde a un amante da Costa da Morte e da nosa vila como é Fernández Moreda, tratara e respetara ao noso concello como se viña facendo (oxalá nos equivoquemos) pero distintas cores políticas non teñen bos antecedentes aquí. Tamén e de seguro valoraría positivamente que outro presidente da Xunta de Galicia como foi Touriño facilitara tanta inversión e trámites burocráticos favorables para Camariñas pero parece ser que non vai ser así tampouco, de momento a Camariñas non chega nin unha cuarta parte de diñeiro do que destiñou o Bipartito (os feitos aválano) e xa vai media lexislatura esgotada pero iso si, os que coñecen a Pichurri mencionan que a ninguén lle quepa a menor dúbida que é dos que traballan, dos que insisten, dos que pelexan polas súas ideas aínda que lle dean cas portas nos fuciños e quen sabe, cousas da vida política poden facer que nun par de anos a Xunta cambie (mellor nos iría fixo sendo actualmente socialistas, os demáis son contos). Resaltar a subida do Partido Popular e que o Bloke segue sen conseguir o seu escano. Queda abaixo unha galería de fotos onde quizáis esteas tí, unhas fotos sacadas sen preparar e cun dispositivo por momentos mollado en champán nunha tarde noite que puxo a guinda Luis (o cego da Generosa) co seu mítico acordeón que fixo soar no medio dun ambientazo humano a ritmo de bailes. Estimados compañeiros, estes son os resultados por parroquias dos que dispón Camariñas Directo que por certo, nunha enquisa publicada anteriormente aquí, cáseque clava os resultados:
PSOE PP BNG
Camelle: 229 327 70
Arou: 137 133 11
Xaviña: 320 206 21
Ponte: 364 335 37
Camariñas:900 873 50
En blanco e nulos...110
Totales.....PSOE-1950...............7 escanos "Maioría"
PP-1870...............6 escanos
BNG-199.............0 escanos
jrandisimo traballo mikel e jrasias por informarnos
ResponderEliminarfelicidades a todos socilistas
ResponderEliminarARRASAMOS PRIMOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
ResponderEliminark bonitas fotos,jejejej,,bueno felicitar o psoe,k é o meu partido pola sua victoria,k non lle extrañe a ninguen,ajajja,,pos 4 aniños mais co mellor alcalde da redonda,pese a ken lle pese,,saudos a tod@s
ResponderEliminarEnhorabuena al partido socialista,e decirlle a Juanillo que consiga o que desea.
ResponderEliminarOleee ...CAMARIÑAS E SOCIALISTAAA!!!!
ResponderEliminareu solo espero que dos catro anos sijientes aljuna cousiña cambie.
ResponderEliminarnoraboa a psoe.
ole ole ole Y oleeeeeee
ResponderEliminarFelicidades alcaldeeE!!!! Foi un dia inolvidableeeeeeeeeeeee!!! e as fotos estan hai pa velass guai guai Mikelllll encantameee o reporja!!
Felicidadessssssssssssss Alcaldeee...
ResponderEliminarAlegrome moitisimos enserio!! que ganara o psoe e espero q siga ganando no noso pueblo,Mikel un reportaje genial Gracias por esas fotosss que quedaran pa histora!!!!!
Gracias pola reportaxe Mikel, o mellor do partido socialista son as persoas que nos rodean, esa é a clave do exito.
ResponderEliminar