Estes días de Semana Santa onde a Mostra do Encaixe xa é un referente para que miles de persoas visiten Camariñas (e diferentes puntos da Costa da Morte), comezaba onte ca inauguración da maior exposición de puntillas, máis de 50 expositores nacionais e internacionais danse cita no recinto situado como sempre na Avenida Eugenio López, nun pavillón deportivo transformado nun auténtico luxo para este evento onde grandes e xóvenes deseñadores farán delicias aos alí congregados con desfiles de modelos que levan como referente nos seus traxes o famoso encaixe, unhas pasarelas que si queres podes enlazar con tres cámaras que pon á túa disposición o Concello de Camariñas que se conectarán en directo e poderás ver dende o teu ordenador, unha enfocando ós desfiles e outras dúas ó recinto. Como é habitual, o primeiro día e de tarde (onte), diferentes personalidades do mundo político romperon o lazo da entrada do recinto feiral, a partires dese momento , os coches comezan a deixarse ver por calquer curruncho da vila dos Encaixes por excelencia. Hoxe, segundo día da mostra, centos de coches chegados de diferentes puntos de España e algún que outro de Europa merodeaban os arredores de Camariñas, uns polo Faro Villano, outros polo peirao, e o paseo marítimo a rebosar prácticamente sin un só sitio libre para aparcar, fan presaxiar que mañá Venres e o vindeiro Sábado, Camariñas estará a tope. Si aínda non coñeces o programa completo ou queres conectarte ca Mostra, pincha abaixo...
Visitas guiadas por diferentes puntos interesantes da vila dos encaixes... Desfiles de moda... Demostración en vivo das Encaixeiras locais e Internacionais... Exposicións e venda do mellor Encaixe do mundo... Grandes grupos de gaitas como Abrindo Rejo... as impresionantes pachangas dos Panchos do Jolfendro... Xogolandia para os máis pequenos... o Irmanamento de Peniche (Portugal) e Novedrate (Italia) con Camariñas e moito máis, será o que poderás vivir si te acercas a Camariñas. Deseñadores consolidados como Ana Cabranes, Franco Quintáns, Emilio Salinas, Cristóbal Vidal e Model Novias. Exhibición de deseños dos últimos anos por grandes deseñadores como; Petro Valverde, José Castro, María Moreira, Caramelo, Devota Lomba, Novíssima, Paula Rola, Araújo Piel, Charo Carrillo, María Mariño e Model Novias, entre outros. Haberá entre outras novidades, recreacións teatrais onde as actuacións representarán a forma que había antigamente para ligar nas palilladas. De todo isto e máis, o único que podería empañar mañá venres a cita co Encaixe sería a choiva que se prevé.
Abaixo queda o enlace que o Concello de Camariñas pon á túa disposición.
Nunha pestaña que resalta 24 horas, tres cámaras enfocan á Mostra do Encaixe:
http://www.camarinas.net/mostra/ga/web/notic.php?idc=1
Nunha pestaña que resalta 24 horas, tres cámaras enfocan á Mostra do Encaixe:
http://www.camarinas.net/mostra/ga/web/notic.php?idc=1
Así era como estaban as inmediacións do Faro Vilán en Camariñas hoxe a mediodía, neste caso falamos de coches, de número de visitantes, uns días máis adiante. Importante que veña xente para que todos os Concellos da Costa da Morte vexan recompensado o enorme esforzo que se fai para que estes días de Semana Santa se incremente a poboación e os ingresos dos diferentes negocios, prácticamente todos saen recompensados, é unha cadea...Pero o máis importante, que os que visiten a nosa terra vaian contentos e leven un grato recordo da súa curta estancia. Pásate por Camariñas...!! Enfeitizaraste!!
Mércores: PROGRAMA DA MOSTRA
15:00 Apertura.
16:00 Escola infantil de palillo.17:00 Inauguración.
18:00 Desfile Grandes Deseñadores.
XOVES, 21 DE ABRIL
DESFILES DE MODA
13:00 Noveis deseñadores (A).
16:30 Grandes deseñadores.
18:00 Noveis deseñadores (B).
19:30 Noveis deseñadores (A).
DEMOSTRACIONS EN VIVO
12:00 Palilleiras de Camariñas.
16:00 Escola infantil de palillo.
OUTRAS ACTIVIDADES
17:30 Folc. Abrindo Rejo.
17:30 Recreación “Palilladas”.
19:00 Anuncio de hermanamento de
Camariñas con Peniche (Portugal) e
Novedrate (Italia).
20:00 Folc. Abrindo Rejo.
ACTIVIDADES EXTERIORES
10:30 Workshop con el diseñador José Castro
El arte del bolillo y su aplicación: artesanía, creatividad e
innovación.
15:00 Workshop con el diseñador José Castro
El arte del bolillo y su aplicación: artesanía, creatividad e
innovación.
17:00 Campeonato de fútbol
(Campo de fútbol H. Patiño).
OFICIOS RELIXIOSOS
Todos os oficios relixiosos parten da Iglesia
de San Xurxo en Camariñas, salvo o lucernario.
21:00 Misa da Cena do Señor.
13:00 Noveis deseñadores (A).
16:30 Grandes deseñadores.
18:00 Noveis deseñadores (B).
19:30 Noveis deseñadores (A).
DEMOSTRACIONS EN VIVO
12:00 Palilleiras de Camariñas.
16:00 Escola infantil de palillo.
OUTRAS ACTIVIDADES
17:30 Folc. Abrindo Rejo.
17:30 Recreación “Palilladas”.
19:00 Anuncio de hermanamento de
Camariñas con Peniche (Portugal) e
Novedrate (Italia).
20:00 Folc. Abrindo Rejo.
ACTIVIDADES EXTERIORES
10:30 Workshop con el diseñador José Castro
El arte del bolillo y su aplicación: artesanía, creatividad e
innovación.
15:00 Workshop con el diseñador José Castro
El arte del bolillo y su aplicación: artesanía, creatividad e
innovación.
17:00 Campeonato de fútbol
(Campo de fútbol H. Patiño).
OFICIOS RELIXIOSOS
Todos os oficios relixiosos parten da Iglesia
de San Xurxo en Camariñas, salvo o lucernario.
21:00 Misa da Cena do Señor.
VENRES, 22 DE ABRIL
DESFILES DE MODA
13:00 Noveis deseñadores (B).
16:30 Grandes deseñadores.
18:00 Noveis deseñadores (A).
19:30 Noveis deseñadores (B).
DEMOSTRACIONS EN VIVO
12:00 Palilleiras de Camariñas.
16:00 Escola infantil de palillo.
OUTRAS ACTIVIDADES
12:30 Recreación “Palilladas”.
17:30 Folc. Abrindo Rejo.
17:30 Recreación “Palilladas”.
19:00 Entrega de agasallos Coats as
palilleiras infantiles.
20:00 Folc. Abrindo Rejo.
ACTIVIDADES EXTERIORES
10:30 Workshop con el diseñador José Castro
El arte del bolillo y su aplicación: artesanía, creatividad e
innovación.
15:00 Workshop con el diseñador José Castro
El arte del bolillo y su aplicación: artesanía, creatividad e
innovación.
17:00 Campeonato de fútbol.
23:30 Festa en honor a San Xurxo con grandes orquestras.
OFICIOS RELIXIOSOS
08:00 Procesión do Encontro.
17:00 Santo Viacrucis.
21:00 Oficios relixiosos.
23:00 Procesión dos “caladiños”.
13:00 Noveis deseñadores (B).
16:30 Grandes deseñadores.
18:00 Noveis deseñadores (A).
19:30 Noveis deseñadores (B).
DEMOSTRACIONS EN VIVO
12:00 Palilleiras de Camariñas.
16:00 Escola infantil de palillo.
OUTRAS ACTIVIDADES
12:30 Recreación “Palilladas”.
17:30 Folc. Abrindo Rejo.
17:30 Recreación “Palilladas”.
19:00 Entrega de agasallos Coats as
palilleiras infantiles.
20:00 Folc. Abrindo Rejo.
ACTIVIDADES EXTERIORES
10:30 Workshop con el diseñador José Castro
El arte del bolillo y su aplicación: artesanía, creatividad e
innovación.
15:00 Workshop con el diseñador José Castro
El arte del bolillo y su aplicación: artesanía, creatividad e
innovación.
17:00 Campeonato de fútbol.
23:30 Festa en honor a San Xurxo con grandes orquestras.
OFICIOS RELIXIOSOS
08:00 Procesión do Encontro.
17:00 Santo Viacrucis.
21:00 Oficios relixiosos.
23:00 Procesión dos “caladiños”.
SÁBADO, 23 DE ABRIL
DESFILES DE MODA13:00 Grandes deseñadores.
17:00 Noveis deseñadores (A).
19:00 Noveis deseñadores (B).
DEMOSTRACIONS EN VIVO
12:00 Escola infantil de palillo.
16:00 Palilleiras de Camariñas.
OUTRAS ACTIVIDADES
12:30 Recreación “Palilladas”.
16:30 Recreación “Palilladas”.
18:00 Grupo de baile de Camariñas.
20:00 Folc. Os Panchos de Jolfendro.
ACTIVIDADES EXTERIORES
10:30 Workshop con el diseñador José Castro
El arte del bolillo y su aplicación: artesanía, creatividad e
innovación.
17:00 Campeonato de fútbol.
23:30 Festa en honor a San Xurxo con grandes orquestras.
OFICIOS RELIXIOSOS
10:00 Rosario a Soledad de María.
20:30 Lucernario e bendición da agua bendita (Igrexia de Santa María de Xaviña).
23:50 Vixía Pascual.
DOMINGO, 24 DE ABRIL
DESFILES DE MODA
13:00 Grandes deseñadores.
16:30 Grandes deseñadores.
19:00 Finalistas “XVIII Concurso de
Noveis Deseñadores”.
Entrega de Premios - Clausura.
DEMOSTRACIONS EN VIVO
12:00 Palilleiras de Camariñas.
16:00 Palilleiras de Camariñas.
OUTRAS ACTIVIDADES
12:30 Recreación “Palilladas”.
16:30 Recreación “Palilladas”.
17:30 Acto de conmemoración a muller “palilleira”.
Coro municipal de mulleres.
20:00 Folc. Os Panchos de Jolfendro.
ACTIVIDADES EXTERIORES
23:30 Festa en honor a San Xurxo con grandes orquestas
(Praza de San Xurxo).
OFICIOS RELIXIOSOS
12:00 Misa.
17:00 Procesión a Virxen do
Monte.
13:00 Grandes deseñadores.
16:30 Grandes deseñadores.
19:00 Finalistas “XVIII Concurso de
Noveis Deseñadores”.
Entrega de Premios - Clausura.
DEMOSTRACIONS EN VIVO
12:00 Palilleiras de Camariñas.
16:00 Palilleiras de Camariñas.
OUTRAS ACTIVIDADES
12:30 Recreación “Palilladas”.
16:30 Recreación “Palilladas”.
17:30 Acto de conmemoración a muller “palilleira”.
Coro municipal de mulleres.
20:00 Folc. Os Panchos de Jolfendro.
ACTIVIDADES EXTERIORES
23:30 Festa en honor a San Xurxo con grandes orquestas
(Praza de San Xurxo).
OFICIOS RELIXIOSOS
12:00 Misa.
17:00 Procesión a Virxen do
Monte.
MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS 2011
PATROCINADA POR CONCELLO DE CAMARIÑAS, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CÁMARA DE COMERCIO DA CORUÑA E XUNTA DE GALICIA (Consellerías de Economía, Industria, Cultura e Turismo) COLABORAN FUNDACIÓN CENTRO GALEGO DE ARTESANÍA E DO DESEÑO, STOLT SEA FARM S.A, COCA COLA, BOYA Industrias Cerdeimar, CONXELADOS CAMARIÑAS, PULPO GALLEGO PEREIRA, ASOCIACIÓN EMPRESARIOS DE CAMARIÑAS.
Fonte: Camariñas.net
Fotos: Camariñas directo |
si señor,21 ano fasendo a mostra do encaixe e nunca vira esta cara da mostra a calle
ResponderEliminareo que dijo eu,a sensilles siempre jana.
jrasias mikel por a forma que tes de espoñer as notisias.