A Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte, coordinada por Neria e Fecom, ven de anunciar que este vindeiro Sábado 30 de Abril a partires das 7 e media da tarde, está prevista unha manifestación en Baio (Zas) en protesta coa actitude que dende a Plataforma consideran que a Xunta de Galicia tivo e está tendo cos habitantes da Costa da Morte ao non querer firmar o único requisito que falta para que dito servizo se poida instalar no Polígono do Allo en Zas no cal o seu concello xa fixo os deberes correspondentes ca Empresa de Supervisión e Control. Consideran que se está xogando co prestixio e a dignidade dos habitantes deste curruncho galego ao facer caso omiso ás súas peticións ata un extremo que cren antidemocrático << Agotamos todas as vías posibles, non queríamos chegar a esta situación pero non nos quedou máis remedio >>. Máis de 20 entidades apoiaron esta iniciativa e fan un chamamento cidadán onde está previsto partir do pequeno municipio de Piroga e rematando na Rúa Mestres Platas (no lugar que se celebra a feira de coches Feirauto) no cal se leerá un manifesto.
a union fai a forsa.
ResponderEliminar