A Agrupación Municipal do Partido Socialista de Camariñas, ven de anunciar que todo aquel que queira facer presenza este vindeiro Domingo 17 de Abril na Casa de Pedra do noso Concello a partires das 17.30, está gratamente invitado a presenciar a candidatura que D. Manuel Valeriano Alonso de León, coñecido por todos como Pichurri, volverá a encabezar entre as mulleres e homes que forman o equipo do PSOE camariñán. D. Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de Galicia, achegarase a Camariñas e acompañará e apoiará de novo a un actual alcalde que nas anteriores eleccións acadou maioría absoluta e seguíu conservando o bastión da man do seu antecesor, o exalcalde tamén socialista D. Bautista Santos, como en poucos lugares da Costa da Morte e de Galicia, máis de dúas ducias de anos ininterrumpidos de victorias do PSOE. Se queres máis información e actualizada sobre estas e outras cuestións, podes facelo visitando á páxina dos socialistas http://www.maiscamarinas.com/
Nota remitida por Comunicación Máis Camariñas
AUNQUE SEAN DEL MISMO BARRO,NO ES LO MISMO OLLA QUE JARRO.
ResponderEliminarxa podia acabar todo esto,e que janara quen quero eu jaja....
ResponderEliminar