Páginas

domingo, 8 de mayo de 2011

Un Camariñas Conservas Boya de Primeira División aplasta ao Ciudad de Salamanca e proclámanse Campións



Fotos: Camariñas Directo
Tres días de infarto os vividos esta fin de semana en Camariñas, un deporte chamado Balonmán absorvía á mesmísima liga de Fútbol Nacional cun enorme Club Balonmán Camariñas Conservas Boya que non deixaba conquistar á Costa da Morte nin sequera aos favoritos Panelais Ciudad de Salamanca nunha final de fase de ascenso apoteótica. Rendidos e aplastados deportivamente foron os salmantinos ante un equipo e unha aficción de Primeira División. Todo un soño, HISTORIA en maiúsculas a que bordaron hoxe os camariñáns nun Areal totalmente abarrotado que dende o primeiro segundo do encontro sairon moi motivados e un Felipazo por toda a escadra avisaba do vendabal de forza, coraxe, calidade e goles que se lle viña enriba  ao rival. De 4 tantos de diferencia en 7 minutos e chegando por momentos a doblegar o marcador, o imparable Camariñas Conservas Boya proclamábase xusto CAMPIÓN despois de vencer por 32-27 e ascendía directamente á 1ª División Nacional Masculina por primeira vez en Camariñas e na Historia da Costa da Morte  facendo vibrar  a toda unha vila pesqueira. !! Noraboa e Felicidades  Fenómenos !!


Nin a choiva, nin o horario cedo de domingo, nin o Madrid nin o Barsa nin ningún outro Deporte lle importaba o máis mínimo no día de hoxe aos veciños de Camariñas. Faltaba case media hora para comezar o encontro clave entre os dous equipos onde sairía o Campión e máis de 500 persoas preparaban as gorxas e as palmas das mans para levar en volandas a un enorme Boya que non deixou conquistar a ninguén á nosa terra. Invictos quedaban estes heroes que deixaban boquiabertas a todas as almas congregadas no pavillón municipal O Areal co xogo despregado polos homes de Dioni. Todo deportividade, absolutamente ningunha incidencia dentro e fora da pista. Xa o levábamos avisando aos diferentes medios informativos, COIDADO que o Camariñas non llo ía poñer fácil ao seu rival, estimados navegantes, xa se vía vir:



Grandísimo Felipe- Fillo do exalcalde Bautista

Un segundo de encontro e Quin saía a morder cedendo ao seu cuñado Felipe un balón que tiraba a velocidade de vértigo limpando as telarañas da escadra que o porteiro salmantino defendía regalando os ollos ante o cántico do futbolín que os ultra Boya redoblaban a golpe de bombo inxectándolle  dosis de tensión que descargaba cun grito advertindo á súa defensa que estos eran o Camariñas Boya. A 7 minutos de encontro, os camariñáns vencían por 4-0. Atónitos estaban os canarios que acababan de disputar o 3º e 4º posto cun resultado final de BM Plasencia 16-29 Universidad La Laguna


Tempo morto para o Salamanca...Ehhhhh que el Camariñas se nos lanza, VAMOS VAMOSSSS. Pero a quién frenamos, al ALAN o a FELIPE?...a MONCHIÑO o a PERÓN? Y al Canedo?...Cuidado en aquella esquina con QUIN....UFFFFFFF, es que son TODOS, no veis que os están aplastando, que estos se nos vienen encima, hai que pararlos como sea....AITOR, PORTERO, olvidaros de la olla a presión de las gradas JODER. Que estamos a un minuto del final de la primera parte y vamos 20-10....Increible, VAMOS, VAMOSSSSS
 
O adestrador do Salamanca advertindo aos seus
Comezaba a segunda metade e máis do mesmo, Víctor que defendía unha portería nunha acertadísima mañá, impedía que o Salamanca poidera acortar distancias e disipaba calquer opción de remontada. Tiros secos, por abaixo, por arriba, de volea e así ata puntuar en 32 ocasións fronte as 27 que atinaba o Panelais Ciudad de Salamanca. Remataba o encontro e comezaban os festexos que se foron prolongando polas rúas dunha Camariñas refrescada pola brisa mariñeira que tanto lles puxo a pel de galiña a TODOS os rivais que viñeron a disputar a Fase de Ascenso a Primeira División coronándose CAMPIÓNS o Club Camariñas Conservas Boya. Fin de semana histórico e inesquecible pola fazaña que uns Humildes e Grandes Heroes fixeron no mundo do Deporte en Camariñas e  na Costa da Morte ...Estes foron os resultados nos 3 días:

Día 6: Ciudad Salamanca - BM Plasencia 44-27 - C. Boya- U. La Laguna 22-22.
Día 7: C. Salamanca - U. La Laguna 26-24 - C. Boya - B. Plasencia 34-30
Día 8: B Plasencia - La Laguna 16-29 - C. Boya - C. Salamanca 32-27.

A Deputada Marisol Soneira foi das primeiras en tomar asento

De fondo Bautista Santos

O alcalde Pichurri tomando asento

Parte da grada


En pé o adestrador Dioni e o presidente Andrés Cerdeiras

O fotógrafo da Voz de Galicia Ferreiro


Alan, o máis veterano do boya




Os trofeos dos 4 equipos, o barco máis grande para o gañador

Instantes do pitido final

Ultras do Boya



Pichurri entregando emocionado o trofeo aos Campións
                             



A rotonda do Campo convertida na Cibeles

FELICIDADES CAMPIÓNS-ORGULLO CAMARIÑÁN

            Fotos e texto: Camariñas Directo    

2 comentarios:

  1. felicidades fenomenos o que conseguistedes hoxe lembrarase para sempre no noso corazon,porque subir a primeira NACIONAL unha vila como Camariñas e unha fazaña.PARABENS.

    ResponderEliminar
  2. enhoraboa a estes rapases.
    un orjullo para camariñas.que todos se poñan a temblar,que estes van dar caña.
    felicidades campeons.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo