Páginas

sábado, 7 de mayo de 2011

Un enorme Camariñas Conservas Boya non defraudou a un pavillón outra vez totalmente abarrotado

Segundo día da fase de ascenso, de emocións,  paixón e intensa calidade  ante un pavillón novamente abarrotado. Comezaba ás 5 da tarde o encontro que disputaban o Panelais Ciudad de Salamanca ante o Universidad La Laguna sendo moi igualado e resolvéndose a un minuto do final con resultado de 26-24 a favor dos salmantinos. Outra vez o porteiro tinerfeño Fito (Adolfo) evitaba que o seu equipo fose collendo desventaxe coas súas grandes actuacións baixo os paos. Media grada presenciaba o 1º partido e unha vez o pitido final, comezou a chegar xente en masa para arroupar o que sería de novo un auténtico espectáculo. Un grande Camariñas Conservas Boya que recuperaba ao seu porteiro Lalá, foi por diante do marcador sempre e o Plasencia que o intentou ata o final, non foi quen de parar á furia deportiva camariñana que facía xustiza cun marcador favorable de 34-30. Outra tarde pletórica que nin a choiva pudo frear e o Boya que segue invicto enfrontarase mañán ás 12:30 ante o líder momentáneo do grupo, o Panelais Ciudad de Salamanca (antes, ás 9:30 o encontro Universidad La Laguna ante o BM Plasencia) e onde sairá o Campión de grupo co selo de equipo de 1ª División Española. Chegaba como favorito o Panelais e todo pode pasar a un só partido pero coidado que o Camariñas non llo vai poñer fácil, estimados navegantes, aquí temos un nivel que non ten nada que envidiar a ninguén. Mañán non podes perdelo, o Camariñas C. Boya fará vibrar ó Areal e pode proclamarse Campión. 































Texto e Fotos Camariñas Directo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo