Como o viñan facendo sempre que o tempo llo permitía, dous veciños de Corme de 65 e 74 anos respectivamente partían onte do seu porto cunha lancha de fibra de 5 metros de eslora a pescar polas inmediacións do Cabo Roncudo (Malpica). Sairon sobre as 5 da madrugada e na Pta da Golfeira pasadas as 10 da mañán foron sorprendidos por un golpe de mar producido pola forza do vento de Nornordés facendo que volcara a lancha chamada O Carreiro, sen máis tempo a nada, os pescadores poñíanse a salvo enriba da quilla. A forza do vento e as correntes da pleamar axudaron á pequena embarcación que se achegara ata preto da costa. Un deles ante o intento de coller terra a nado era golpeado por unha ola contra as rochas e iso engadido á forte hipotermia fixeron que falecera, o seu compañeiro era rescatado polo Helimer 210 (antes chamado Helimer Galicia) e ingresado no CHUAC da Coruña. Os dous tripulantes estiberon máis de 4 horas á deriva e con severa hipotermia. Tanto os veciños como os medios de Salvamento desplegados foron alertados preto das 4 da tarde cando os seus familiares se decataron que algo andaba mal ante a súa tardanza. Unha traxedia máis que engrosa a lista do temeroso nome da Costa da Morte.
As nosas condolencias aos familiares do falecido (D.E.P) e o seu compañeiro que se recupere pronto.
Fonte: Radio galega
que notisias hai tan feas.
ResponderEliminard.e.p.
o seu compañeiro e familiares darlle animos.