Que ben se vive na Costa da Morte, churrascos gratis, sardiñas, brona e ata pode ser que viño para reirse un pouco con un dúo que fai do humor o seu medio de vida. As Cantareiras de Ardebullo, coa actuación de Nucha e Mucha que tranquilamente poderían chamarse Pucho e Pucha estarán formando o broche de ouro este vindeiro luns día 25 na praia do Ariño. Todos os que asistan a este paradisíaco enclave do concello de Camariñas poderán degustar unhas sabrosas e frescas sardiñas asadas e amenizadas polas actuacións da charanga "O Recobio", a banda de gaitas "Abrindo Rejo", actuación da "Escola Municipal de Baile de Camariñas"e posterior actuación do dúo humorístico que tanta audiencia obtivo grazas a Luar, na TVG. Sen dúbidas un gran día para pasar en familia cos nenos que poderán disfrutar cos xogos infantís programados. Todo isto en Xaviña.
Fonte;Concello de Camariñas.www.Camariñas.net |
hai que animarse a ir que a tarde quedou bastante ben.e ademais sejuro que o pasamos bomba.
ResponderEliminar