O Gallego José nos Asteleiros da Ría de Avilés |
Era no vran pasado e despois dunha dura loita burocrática da apreciada familia Caamaño con Capitanía Marítima por culpa da polémica estabilidade sobre todo a partires do afundimento no ano 2004 nas inmediacións das Illas Sisargas do seu xemelgo O Bahía (cos 10 tripulantes afogados), cando o Gallego José abandonaba ó noso porto e tomaba rumbo a Norte. Recordado con cariño polos mariñeiros como o Jallejiño, botado no ano 1999 e nun principio sen problemas para navegar, cinco anos despois e cansados de batallar, era vendido para Asturias e agora está case a punto de ser a súa rebotadura. Foi necesario aumentar a súa eslora (largo) en 3 metros e rebaixouse tamén o castillo pola parte de estribor acurtando o espazo que ocupaba antes sacando do medio a chiminea. Este barco de cerco que problablemente pasará a chamarse doutra maneira, pasou de ter 18 a 21 metros de eslora e como se pode apreciar nas imaxes que Manuel nos volve a mandar, quedou como dicimos por aquí, feito unha pareja. Seguramente veranse as amuras co Corroso navegando e pescando polas augas máis norteñas da península. Bos ventos e ata sempre ex Gallego José.
Momento da chegada ao Asteleiro |
Reformado e con 3 metros máis de eslora |
Antes da reforma |
Fotos cortesía de Manuel do Caracol
TES RASON PRIMO PARESE K LLE QUEDOU VEN
ResponderEliminarpor si acaso non sale o comentario da mañan,eu solo queria desearlle boa suerte o gallejo.que teña a suerte que non tuvo en camariñas.
ResponderEliminarjrasias a manuel do caracol por as fotos.