Increible o que pode facer unha comisión de festas en pouco máis dun mes de organización, non queremos imaxinar como será para o vindeiro ano con máis marxe de traballo porque aseguradas xa están as mellores orquestras de Galicia. Agás algunha escasa excepción, os veciños de Camariñas colaboraron ao máximo para que poideramos vivir estes catro días nos cales non se recordaba tanta afluencia de xente principalmente o día gande. Miles de almas quedaban abraiadas cos espectaculares fogos de artificio que brilaron no ceo do porto camariñán, abraiados quedaron tamén veciños e visitantes ca espectacular traca diurna que caracteriza a chegada dos barcos da procesión marítima. Remataron polo tanto unhas festas onde non se víu un só altercado, absolutamente ningún, tan só o orballo pudo empañar se cabe un pouco as nosas festas pero nin eso, máis ben axudou a limpar as rúas de posibles excrementos humanos nas esquinas e callexóns dos arredores do campo da festa. Felicitar polo tanto á Comisión de Camariñas por tan apabullante éxito onde nin Olimpus nin D´Tacón, sobrados e milleiros de romeiros bailaron ó compás de Tambo e Limón. Que grande é o Carme de Camariñas.
Sin querer ofender a ninguen quero decir que a xente do concello colaborou muito pero o axuntamento esta detras de risitas and company.Estuberon ben non cabe duda pero solo las palabras hacen de algo normal algo grande e ti neso das letras es un mestre Mikel.Unha pregunta,¿e verdad que solo informou esta comision a unha pagina?eu si fora ti nin plis publicaba que permiteme opinar que me parece raro que solo poñas unha fota,un urra por ti crak
ResponderEliminarestuvo todo mui ben,a pena fui o ultimo dia con tanta chuvia porque sejuramente iba ser todo un exito en area da vila.enhorabuena a comision.
ResponderEliminar