Páginas

lunes, 18 de julio de 2011

Unha parella de carteristas desalmados timaron a un veciño de Camariñas diante dun coñecido restaurante

A paos ou mellor dito como se di por aquí, a verjallasos había que correr a algún visitante que se acercou a Camariñas durante estas festas do Carme concretamente o día 16. Tomando o clásico café cun chupito, un señor admirado e respetado na nosa vila, comentábame por casualidade que unha vez rematada a misa da procesión e cando se dirixía a súa casa, unha parella que se fixo pasar por unha organización da xuventude camariñana e galega precisaba de firmas, no medio evidentemente o DNI. O apreciado señor unha vez plasmada a súa firma abríu a súa carteira dado que non sabía de memoria o número do NIF  e supón que un bilete de 50 euros que sobresaía case nada da billetera foi extraído en milésimas de segundo por un dos dous  (home e muller) desalmados que estaban diante dun restaurante  coa Policía Local a escasos metros. Eso mesmo foi o que fixo a este noble cidadán confiar nestos elementos. Non se decatou que lle faltaban os 50 euros ata que volvíu abrir a billetera para pagar noutro local. Comentoume que algo raro pasara cando estaba sacando o DNI da carteira, o timador puxo cerca as súas sucias mans para indicarlle que tiña o documento ao lado dun papel branco (a cartilla do médico). Non se sabe si alguén máis pudo sufrir máis roubos pero advertir a pobos lindantes que teñan coidado con este detalle que sucedeu en Camariñas porque é de supoñer que andarán liando a máis xente noutros lugares. O cidadán camariñán non puxo a correspondente denuncia porque non identificou a estes caraduras e cacos profesionais.

2 comentarios:

  1. o malo de todo esto e que eses asquerosos fanche desconfiar hasta da tua sombra.

    ResponderEliminar
  2. GRACIAS POR INFORMARNOS MIKEL EU SON SOLIDARIO PERO ESTAS ACTITUDES FAN QUE NON O SEA TANTO PORQUE POR CULPA DESTA XENTE BASURA FANCHE RECUAR EN MOITAS APORTACIONS

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo