O Vidal Cuarto ten 43 metros de eslora.Foto: Camariñas directo |
Chegou a Camariñas a draga que se encargará de preparar a infraestructura na cal se van asentar os máis de 140 bloques de formigón de máis de 30.000 kilos cada un que están depositados agora mesmo encima da pista do peirao a cal soporta actualmente máis de 4 millóns de kilos de peso. Os traballos do Vidal Cuarto consistirán en retirar fango e pedras do fondo mariño e ao mesmo tempo aproveitar o que se drague para acompañar ás máis de 134.000 toneladas de áridos que se levan depositando ao longo da cala que se vai aumentar 135 metros de lonxitude por 35 de ancho. Esta obra de 3´2 millóns de euros está cofinanciada con Fondos Europeos e a Xunta.
Fonte: Operarios Vidal
cacho espijon nos vai quedar,esto vai ser unha siuda.
ResponderEliminar