Páginas

lunes, 1 de agosto de 2011

Este Domingo o porto de Camariñas recibía a visita dos barcos dos nosos veciños de Muxía

Na imaxe o barco Farelo  portando a Virxe do Carme
Como ven sendo habitual entre estes dous pobos amigos e veciños, amigos para satisfacción de todos por ámbalas partes e cada xeración máis, comparten as mesmas augas, as mesmas tempestades, os mesmos anticiclóns de cara o Océano e a mesma forma de honrar á Reina dos Mares. Hoxe Domingo e despois da misa no porto muxián na honra da patrona dos mariñeiros, partían a eso da unha da tarde coa súa procesión marítima que ten o seu punto de retorno na mesma rada do porto de Camariñas ao igual que a procesión camariñana ten o mesmo punto de retorno no porto de Muxía. Unha traca era disparada dende a Pta da Carnicería e as persoas que se decataban ían cara a lonxa vella e ao longo do paseo marítimo para ver a preciosa estampa mariñeira que formaban os reducidos pero de gran porte,  barcos de Muxía. Cerran así este Domingo as súas festas do Carme 2011 e de seguro estarán preparando con moito sacrifizo as vindeiras e admiradas Festas da Barca. Xestos como os de hoxe levan practicándose dende moitísimos anos e a verdade é unha ledicia ver como seguen conservándose estas tradicións.












2 comentarios:

  1. bueno ahora a esperar a que volvan as festiñas do carmen outra ves jaja,xa estan tardando... ojala nunca se perda esta tradision.

    ResponderEliminar
  2. Mui ben Miguel,eu disfrutei vendoos chejar a Muxia.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo