Na imaxe parte da flota de Camariñas |
De que corren tempos de crise é evidente, tanto como necesarias son ás veces certas actuacións políticas para non se sabe que fins pero aquí do que se trata é dunha realidade que comeza a esgotar a paciencia (por primeira vez) dos mesmos mariñeiros a pé de porto e co apoio moral dun prestixioso xornal que comprenden perfectamente ás necesidades reais para axudar a loitar contra as adversidades actuais que sofre o sector . Aquí, en Galicia, onde a flota de baixura sobre todo artesanal é importantísima para o desenrolo da Costa da Morte estamos sufrindo un enorme revés co desproporcionado gasto en comparación de outras Confrarías do Norte de Galicia pagando xustamente o doble no precio da gasolina que se necesita para poder traballar no mar. Non se trata de localismos de para onde terían que ir estes servizos indispensables, tan só Camariñas con Camelle, Arou, Sta Mariña e como non Muxía, concentran máis embarcacións que en ningún outro porto pesqueiro . Localismos en todo caso por parte de quen pretenda apoiarse nun cargo para facer as cousas por favoritismo pero lonxe da realidade. Camariñas é un dos poucos (Quizáis o único) portos pesqueiros que crece e faino con xente xóven que aposta por unha profesión cada vez máis extinguida entre a sociedade actual e se non "collan listas de buques e comproben." Inexplicablemente Camariñas non ten surtidores de gasolina para os foraborda e demáis motores auxiliares para a levantada de aparellos desde aqueles que antigamente sí había na era do Franquismo. Pincha na noticia para ver o enlace que hoxe sae publicado no xornal citado e as razóns máis lóxicas para os armadores camariñáns perxudicados que calquera ser humano sin propaganda electoral ve claramente....
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2012/01/06/flota-artesanal-reivindica-derecho-gasolina-
bonificada/0003_201201C6C5992.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2012/01/06/flota-artesanal-reivindica-derecho-gasolina-
bonificada/0003_201201C6C5992.htm
Agradecer en esta entrada as boas pretensións e apoio recibido por parte de varios corresponsais da Voz de Galicia durante estos días no noso peirao e que si Dios quere non quedará o tema morto. Segundo palabras do noso patrón maior ditos servizos están pedidos xa pola nosa Confraría de Pescadores, para nós unha resposta non tardía sería unha das mellores medidas contra a crise, falamos de varios miles de euros mensuais e de unhas 150 familias no noso Concello que directamente viven da flota artesanal...
Nos días de onte e antes de onte debatimos cun apreciado corresponsal da Voz de Galicia as razóns polas que vemos lóxico que unha vez pedidas tres estacións de servizo de gasolina para profesionais do mar para a Costa da Morte, Camariñas non pode quedar excluída, entón non se farían as cousas por necesidades xustas, faríanse como a miúdo por trapalladas que despois nos levan a onde nos levan:
1- Si van ser tres o máis lóxico serían unha nas confrarías de Laxe ou Corme, Camariñas ou Muxía e Fisterra ou Corcubión.
Razóns sacadas por lóxica da natureza xeográfica e por número de embarcacións activas.
2- Camariñas é o Porto máis seguro da Costa da Morte, onde máis vendas e descargas se producen, onde máis embarcacións deste tipo de propulsión hai na actualidade, porque lamentablemente todos os portos lindantes caeron desplomados e afortunadamente aquí aumentou a xente xóven que se fixo autónomo do mar aumentando tamén as embarcacións con foraborda e porque históricamente a Costa da Morte en especial Camariñas non pode seguir sempre a cola en certos puntos indispensables para o desenrolo das súas xentes.

Mikel o que representa as cofradias hoxe dixo no periodico que esta nejosiando con repsol pero que non eche cousa de dous dias pero vos fasedes ben antes que acorden levar as cousas pos sitios que non teñen tanta falta coma nos,o reportaje do periodico de papel da vos mui ben
ResponderEliminarbenvido irmán,,fas majas e o carallo
ResponderEliminarAlégrome moito da túa volta, Mikel. Moitas veces pinchei no teu blog, a ver se habia algo novo, e hoxe vivín a ledicia do teu regreso. É un bo regalo de Reis. Penso que persoas coma ti, constructivas e preparadas, dignifican este oficio e poden facerlle moito ben á nosa benquerida Camariñas. Benvido.
ResponderEliminarquien la sigue,la consigue.eso dio un refran,e non hai un que falle.
ResponderEliminar