Páginas

viernes, 20 de enero de 2012

O cerqueiro camariñán "Pedra do Mar" despídese do noso porto e toma rumbo a Malpica

O Pedra do Mar abandonando hoxe o porto camariñán
Esta mesma tarde o redeiro de Camariñas  Pedra do Mar abandonaba a golpe de bocina o noso porto e tomaba rumbo a Malpica. A mítica familia malpicana dos Rivera son os novos propietarios deste gran barco propiedade dos Siros ata esta semana. O Pedra ten algo máis de 16 metros de eslora e está construído con robusta madeira e un potente motor, pronto cumplirá 37 anos. Resulta curioso o destino nómada que o Pedra do Mar leva pasado dende a súa entrada en servizo, despois de ser botado en Malpica trocou de donos varias veces pasando polos portos de Sada, Cariño e Camariñas e agora retornando de novo ao porto malpicán. Longa  vida a deste gran redeiro que será sustituído "Atentos nos próximos días" por un barco de aceiro de máis de 25 metros de eslora e a punto de cumplir 16 anos de vida. A tamén mítica familia camariñana de Eduardo Campaña e Fina máis coñecidos como os Siros pola súa gran experiencia no mundo do mar, reforzarán máis se cabe a gran flota camariñana con outro impresionante redeiro, o Xurel Uno. Xa se decía aquí non fai moito tempo que a Pesca segue viva no porto da vila dos Encaixes e oxalá perdure por moito tempo. Que teñas sempre bos ventos "Pedra".

2 comentarios:

  1. Todo o que sea vender barcos pa poder comprar bascos de mas tonelage esta ben po noso pueblo e pas suas xentes eso quere decir mas puestos de travallo,noraboa Mikel un bonito reportaxe como todo que ti plantas nesta web noutras que deixes a tua firma. Salu2.


    REIRA

    ResponderEliminar
  2. boa suerte o pedra ,e benvido sea o xurel.un nombre ben bonito.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo