Frío, fame e pelo. Este dito que moitas veces se escoita polos mundos mariñeiros cando o inverno está na porta parece ser que está instalado nas entrañas do Río Grande en forma de neveira e que inexplicablemente non da marchado de onda nós. Remitímonos ás palabras dun gran amigo e colega de profesión, O Rancho onde irónicamente lle espetaba esta tarde a este que escribe que posiblemente os conxeladores de Gallego Pereira ou Ezequiel sexan os culpables (en parte) da atracción desta ola de frío polar procedente de Siberia e Asia Central e que se produce cada sete anos, constatado desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Con máis de 200 mortos en Europa esta ola de frío está considerada como a máis severa desde os anos 50. Os 10 grados negativos que se rexistraron nos montes de Ourense produciron a sensación de -20 polo forte vento de nordés. Por aquí, pola costa a temperatura non chegará a 10 grados pero a sensación de frío será moito maior en parte tamén pola forza de vento moderado de nordés que se espera nos próximos días, fin de semana incluída, non imaxina un o frío que habería si ca humidade que reina nos portos de mar, semejantes temperaturas se instalaran entre nós...
Pincha dentro dunha foto para ampliar
imaginade que bonito tiña que ser camariñas con neve.ojala nevara.
ResponderEliminarveña,veña,que non hai tanto frio jajaja.
si oh,,eu non me acordo de nevar en camariñas e xa teño uns cuantiños anos,ejjejjejej
ResponderEliminar