Abrente na Ría de Camariñas |
No día de hoxe pódese dicir que este espacio, esta humilde ventana creada así a bote pronto fai un ano, sigue en pé e con uns resultados impecables. Todo esto é fruto da vosa asiduidade, da fidelidade de persoas que visitan Camariñas Directo a diario e a pesares que hai días que non se actualizan contidos, unhas veces por razóns laborais e outras veces porque é mellor non poñer nada e obligar as retinas de persoas de boa fe a ler auténticas barbaries (ás veces). Despois de tres meses de parón por ausencia deste que redacta, outra vez os picos de visitas voltaron a ser o que eran e incluso hai días que superan aquelas 470 visitas que unha noticia acadou en menos de 24 horas e provocando que o servidor fallara. Calquer administrador dunha web que teña miles de visitas diarias pareceríanlle cifras ridículas pero para Camariñas Directo e por poñer un exemplo, 200 persoas (e de varios países) que pinchen exclusivamente para saber o que se coce neste blog con olor a salitre é digno de agradecer. No día de onte e despois de ter unha expresa armonía cunha persoa con ampla experiencia no mundo da radio e do periodismo informático, moi apreciado para min, Camariñas Directo complácelle o gusto de colaborar e recíprocamente, divulgando no que se poida, certos contidos referentes a Camariñas e casualmente da Costa da Morte. Por suposto que será unha pequena axuda mútua sobre todo pola parte que nos toca podendo actualizar máis a miúdo contidos interesantes e realistas, nalgún caso con confidencias (algunhas políticas) que saen cravadas ao día seguinte en medios informáticos de talla nacional. Persoas destas que se moven pola rede e saben tratar na medida do posible con todas as ideoloxías, mastican e manexan noticias máis que interesantes cunha amplísima e contrastada cobertura. Estimados lectores, grazas pola vosa fidelidade !!
jrasias por ese ano.e os que faltan
ResponderEliminar