De azul, o Neno, un dos mariñeiros máis veteráns do Lago |
Xa se sabía antes de partir hacia o País Vasco que o cupo que tiña asignado a Unión Europea para España era ridículo. Dada a gran cantidade de barcos que compoñen o censo da flota operativa sobre todo os galegos, vascos e santanderinos (noutras comunidades máis ao sur apostan mellor polas sombrillas nas praias e terrazas), en menos de dúas semanas e o preciado peixe, por certo, en abundancia, xa non se pode pescar. O 90% de kilos de xarda xa están vendidos e quedan para un pouco máis adiante a módica cifra do 10% restante. A xarda que de sempre comenza polo Norte de España e ven acercándose á costa galega posteriormente, fixo que máis de 400 barcos galegos partiran rumbo a Norte, sabedores os pescadores que era cuestión de días, ou eso ou non ver unha xarda no barco en todo o ano, decidiron partir igual. Probablemente algún barco de cerco volva a regresar para pescar na próxima apertura da campaña da anchoa e outros pesquen en augas coruñesas pero antes toca carro de varado como é habitual todos os anos nos barcos de Camariñas. Os demáis pesqueiros que xa arrancaron de regreso ao seu porto base chegarán a altas horas desta noite e só quedan os que pescan con liña. O que sí é realidade é que non corren moi bos tempos para os traballadores do mar se temos en conta que España necesita de xente que traballe e pague impostos pero está claro que nin fú nin fá, aquí quen manda é Europa e por desgracia non sempre van acordes as leis impostas. Políticos que fan que o mundo vaia ben ou fatal, nós, mentres tanto a seguir recibindo ordes, onde hai patrón, non manda mariñeiro. Boa travesía de volta compañeiros.
Moi boas todas as reportaxes que fas Mikel, Noraboa. Pero dame a impresión que ese é o Coruñes e non Desiderio. Unha aperta.
ResponderEliminarXa está corrixido Juan Esteban, gracias e saúdos
ResponderEliminar