Un, dous, tres, dez, vinte, cincuenta e así sucesivamente son os mariñeiros (e non tan mariñeiros) que a diario visitan este punto situado no Monte da Vela, a 3 km apróximadamente do porto camariñán pola carretera que nos leva ao Faro Villano. Desafiando os ventos máis fortes que azoutan a nosa costa, este fermoso e sosegado mirador é o punto de vista por excelencia dos pescadores que se acercan a diario contemplar a forza do mar golpeando nos baixos. Á dereita, Coenda, Home morto, a piscifactoría e o Vilán...á esquerda a Capela da Virxe do Monte, a Virxe da Barca, o punto máis occidental de España (Touriñán) e case a totalidade da nosa Ría...de frente, as fotoxénicas postas de sol e os peores fenómenos adversos que se producen no inmenso océano... por atrás o Parque eólico. Mañán, o amplo aparcadoiro malamente conservado en barro será o escenario da "vaja de mar" que se espera porque si hai lugares indispensables para os camariñáns, un deles é o "Alto da Vela" .
Unha das mellores vistas do pueblo Miguel.Un saludo e cuidate.
ResponderEliminarMoi bonita amenos que mires para abaixo e vexas a merda de tv, neveras e mais electrodomesticos ali tirados....
ResponderEliminar