Páginas

miércoles, 18 de abril de 2012

Normalidade total no temporal previsto e posiblemente a chuvia faga unha trégua durante as Festas de San Xurxo

Na imaxe barcos de Malpica e Muxía. Camariñas directo
Afortunadamente as rachas fortes de vento de Oeste previstas para o día de hoxe non afectaron tanto de cheo na nosa costa e sí máis no norte da nosa comunidade. Olas de 7 metros de altura (facendo cálculos mariñeiros, referencia baixos e profundidade) non caeron pero pouco menos. O mar de fondo tremendamente perigoso fixo que toda a flota siga amarrada a porto e mañán espérase máis do mesmo a pesares de que a forza de Madeleine remite nas últimas horas deste xoves. O venres comenza o que parece unha pequena trégua que pode durar  ata o vindeiro martes sobre todo en canto a chuvia se refire. Sería un milagre de San Xurxo para que se poida disfrutar das grandes festas previstas pola comisión de festas de Buría dado que o ceo promete estar encapotado e vai ser moi difícil escapar dalgún chubasco, non corren tempos recoñecidos e os ventos de travesía non queren afastarse de todo. Xa se sabe que veñen tarde as aguas doces pero que nadie dude dunha posible sequía na Costa da Morte porque aquí nunca se pode cantar victoria. Xa din os ditos vellos (é raro que fallen), xa non tocará a lotería pero o inverno..."aljo aljo siempre toca"....


Normalidade no porto camariñán onde o temporal pasou prácticamente inadvertido. Abaixo, unha pequena galería fotográfica do noso peirao poucas horas antes da "vaja de mar" que está afectando a Galicia. Falta parte da flota, ben por estar faenando noutros mares, ben por estar nos respectivos carros de varada. Está previsto que a primeiros de mes a flota ao completo do cerco comece a faenar e os pulpeiros "previsiblemente a falta de orde oficial" depositen as nasas de polbo en terra. A veda durará "previsiblemente tamén" dous meses. A falta de 15 días para rematar o mes, a maioría de naseiros xa trouxeron os aparellos para terra.
                                                        Para ver a galería pincha na imaxe
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo