Na imaxe embarcacións de 7ª lista. Arriba Olga Campos |
Andaba Olga Campos esta mesma mañá buscando unha embarcación de pesca deportiva (7ª lista) que quixera colaborar (gastos pagos) participando no "Campionato Autonómico de Pesca de Fondeo en Lancha", o 1º que se celebra na historia da nosa vila (o ano pasado foi provincial) e que se vai celebrar na mesma Ría de Camariñas o vindeiro 21 de outubro (día das eleccións galegas), data xa marcada desde fai un ano pola Federación Galega de Pesca, unha Federación que conta co apoio incondicional e altruísta da Asociación de Empresarios de Camariñas a cal preside a mesma Olga Campos. Necesítase unha embarcación con capacidade e seguridade para catro persoas e así acompañar as 7 que xa confirmaron a súa presencia neste importantísimo campionato. Pescadores aficcionados que se enrolarán por unhas horas e competirán pescando e disfrutando nunha das rías máis fermosas de Galicia e do mundo. A inscripción deberá producirse antes do vindeiro luns e desde Camariñas directo faise un chamamento por sí algún dos nosos lectores está interesado. Insistimos, antes deste vindeiro luns e podes comunicalo no número de teléfono 662 488 253 ou ben nesta redacción. Os horarios de pesca dentro da ría serán de 8:30 a 12:30, farase unha parada para comer (bolsa de alimentos incluída) e de 13:30 a 17:30. Agradecemos a participación xa confirmada e a que falta por confirmar, Camariñas ten que dar exemplo e non nos cabe ningunha dúbida que así será e os participantes programados pola Federación Galega de Pesca levarán un grato recordo da nosa xente, do noso mar. Sorte a todos os participantes, boa pesca e bos ventos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo