Construído nos asteleiros da Ponte do Porto, o Deus da Caza era botado do asteleiro en 1990 e 22 anos despois vai ser aplastado por unha pá no mesmo lugar de construcción. O seu armador, Moncho de Vidal, surcou toda a nosa costa con este barco de madeira de case 11 metros de eslora pescando con artes menores. Especialmente adicado á captura de polbo con nasas, os últimos anos de navegación do "Orión" foron patroneados polo seu fillo Sergio que foi quen heredou firmemente o oficio paterno. Barco moi coidado onde os houbera e que era habitual velo cada ano nas rampas de varado para deixar secar a madeira e mantela sempre a punto con aceite de liñaza e gasoil que Moncho brocheaba por todas as costelas antes de levar as respectivas facianas de pintura. Con este novo desgüace péchase a lista de admitidos (por este ano) do porto camariñán anque a flota non se vai ver mermada ante as novas incorporacións do censo pesqueiro na vila dos encaixes. Non sucede o mesmo no resto dos portos da Costa da Morte nos cales os desgüaces e ventas a outros portos reduciron nalgús casos máis do 50% o total da súa flota. Ata sempre Orión.
A MI GAMELA
ResponderEliminarDerrotada, descansas en la arena,
a la orilla de la mar varada;
jamás, librarte, pudiste de ella,
de nuestros mares siempre enamorada.
Triste destino tuvieron tus leños,
dulce para mí tu eterna morada;
en tus altares descansan mis sueños
que los guardo muy dentro del alma.
Sobre mi tierra, rota, me esperas,
encubierta por su tumba sagrada,
con cuerpo y alma por siempre me hicieras
danzar un día con olas de plata.
En la sombra me aguardas, compañera,
vieja gamela, que la arena fragua;
siempre fiel a tu alma marinera,
con mis piropos flotando en el agua.
Antonio Puertas.
Estás feito un poeta Toño. Facia tempo que non leia unha poesia tua.Como estás compañeiro?.E un pracer tornar a pasar os ollos por un escrito teu e saber que estás eí o pe do cañón.Unha aperta de
ResponderEliminarTISTA
AMIGO TISTA, é pa min un verdadeiro pracer poder dialogar contigo, inda que tan só sexa por un instante, e a través destes medios.
ResponderEliminarTi ben sabes o moito que che aprecio. Fomos amigos inseparables dende a nosa infancia e,iso, non se esquece xamais. Recordos fermosos que van con nos durante o resto da nosa vida.
Se segues algo do que escribo, poderás ver que todo xira en torno a aqueles anos, e entorno a os meus amigos. Ti fuches e segues sendo un deles, que sempre vai cos meus recordos.
Grazas Tista. Unha gran aperta pa ti e pa toda a túa familia.
Antonio Puertas