|
Xogadores do equipo Infantil As Baleas |
Importantísimo traballo o que están a facer os organizadores do Clube Deportivo Costa da Morte reunindo ós equipos da Costa da Morte e colaborando coa práctica de Fútbol cos máis pequenos da nosa Bisbarra. O primordial sempre é aprender éticas de bo comportamento e saber facer equipo con compañerismo, solidariedade, esforzo e respeto aos compañeiros pero hai que recoñecer que gañar (si se pode) tamén é importante para ver recompensado o labor dos adestramentos. Podemos dicir que esta tempada 2010-2011, o clube As Baleas (Camariñas) coronouse Rei do fútbol sala base. Os equipos camariñáns venceron nas ligas Infantil e Alevín. Todos os equipos campións de liga clasifícanse para xogar a fase intercomarcal (datas aínda sen determinar) organizada por Deporte en Idade Escolar dentro do programa Xoga e fai Deporte. Salientar que o pichichi da liga en categoría Infantil foi tamén un xogador camariñán, o dianteiro Maikel Carril Toba. Dende Camariñas Directo, felicitar aos rapaces, á Asociación As Baleas e ao Clube Deportivo Costa da Morte por tan laborioso traballo.!! Noraboa campións !!
O Concello de Dumbría creou unha escola de Fútbol que comeza a ser o punto de mira da mellor organización da Costa da Morte no deporte Rei.O alcalde dumbriés, Pequeño, aposta forte e ben... seguramente acade ser un referente a ter en conta por calqueira campo de Galicia.
.....................................................................................................................................................................
Maikel(dereita) e o seu compañeiro de equipo David mostrando o trofeo de Campións da Costa da Morte. Vicente o Kiskel(na foto da esquerda) coa colaboración de Faus son os adestradores das Baleas. Detrás e coa técnica dos Infantís, Gerpe xogou un papel indispensable.
!! FELICIDADES BALEAS !!
Nota: Fotos sacadas co consentimento dos seus tutores
Enhorabuena campeones.A sejir asi.Camariñas xa ten futuros campeons.
ResponderEliminarmui ben chavales,si sejides asi non ides ter donde poñer as copas.
ResponderEliminarsondes uns artistas.