Despois de que saíra a nova Lei Antitabaco aprobada polo Goberno e que puxo en controversia ás diferentes opinións de fumadores e non fumadores, dando un paseo pola vila de Cee poidemos observar como funcionaba o Primeiro Clube de Fumadores formado na nosa Costa. Estamos a falar da Cervecería Cisco, ubicada fronte á praza do mercado municipal de Cee.O clube chámase Botafumeiro e xa conta con máis de 200 socios.
Un dos seus socios que estaba alí fumando o seu pitillo, comentou que este clube está presidido por Jose Paz e xa contan con persoas de outras provincias por si un día se atopan por Cee e desexan tomar un café con un cigarro e non perder a ocasión de facelo libremente e sin malos fumos.A excepción que se marca é a prohibición da entrada a menores de idade para que así non sufran as consecuencias dos maiores. Despois, alá cada cual faga o que vexa oportuno..Fumar,non Fumar...é ahí la cuestión....máis saudable non fumar. Sábeo calquera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo