O barco de cerco camariñán o "Gaviota", abandonaba hoxe os cabos do seu morto (amarradeiro). Cando un ve marchar un barco que estivo tantos anos entre nós (25), a verdade sea dita a mágoa percorre as retinas. Cantos mariñeiros neste tempo ahí embarcados, cantos recordos, cantas batallas co mar leva nos catres. Para casi todos os mariñeiros, o mellor barco que construiron no asteleiro da Ponte do Porto. Comezou a loitar cos golpes de mar no ano 1986 comandado en compañía polos irmáns Evaristo e Manolo (exemplo de compañía). Nos seus inicios pescaba con artes menores especialmente ca nasa do polbo e foi modificándose ata convertirse en todo un redeiro. O seu novo rumbo xira cara Portosín e posiblemente a non ser que veña por estes mares a pescar ou de arribada, non poderemos ver máis a estampa da portada. En galego oficial Gueivota, Gaivota máis cara Norte, Gaviota en castelán e "O Javiota" eternamente en Camariñas... que teñas sempre bos ventos.
![]() |
O Gaviota ten 15,2 metros de eslora |
que cabron eres mikel,que ben escribes jaja.
ResponderEliminaro javiota desearlle muita suerte.
HOLA MIKEL.JUSTAME MUITO OS REPORTAJES QUE POÑES.E O DA ENCUESTA DO MARISCO A MIN JUSTAMEN TODOS QUE PUXESTES JAJAJA
ResponderEliminarfas majas primo sije asi
ResponderEliminar