Polbo capturado na nasa |
lunes, 28 de marzo de 2011
O polbo segue conservando os bos prezos na Lonxa de Camariñas
Como cambian as cousas dun mes para outro. Si fai escasas semanas o noso cefalópodo era ninguneado en canto a prezos e calidade (disque), agora e despois de que a Confraría decidira mover ficha e vender o polbo na nova lonxa, os prezos seguen demostrando que o auténtico pulpo de Camariñas debe e pode recuperar o lugar que lle corresponde . Os exemplares de 1 kilo páganse a algo máis de 5 euros e os máis grandes (máis de 3 kilos), sobrepasan os 7 euros (máis IVA). Sen ningunha dúbida, as escasas capturas son correspondidas coa boa media de prezo acadado e iso fai rentable ás xornadas dos naseiros. Posiblemente e como ven sendo habitual nestes últimos anos, no mes de Maio aplicarase unha veda de 2 meses...Nesas datas o polbo desova ás crías e os seus tentáculos están máis ocos. Dita veda é necesaria para seguir conservando un dos recursos primordiais para o sustento da flota pesqueira na Costa da Morte.
Publicado por
Camariñas Directo
ás
23:04
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
asi me justa,hai que vender da nosa lonja.
ResponderEliminarNoraboa polo blog Mikel. Uns artigos mais que interesantes
ResponderEliminar