Poucos lugares hai no mundo tan devotos a cultos paganos coas Pedras, co Sol, co Mar e cheos de Lendas dende épocas primitivas como a Costa da Morte. Historias que alimentaron as raíces de xeración en xeración e que derramaron toneladas de tinta e papel en multitude de artigos. Navegar tan só unha milla e observar tanta cultura, en poucos lugares como na Ría de Camariñas...
Partimos Rumbo á Punta do Costado e nada máis remontar o peirao, xa nos atopamos ca Batería do Soberano, construída baixo reinados de Felipe VI e Carlos III para protexer en compaña dos castelos de San Carlos (Fisterra), Príncipe (Cee) e o Cardeal (Corcubión) aos veciños das vilas máis poboadas por aquel entón, dos saqueos de tropas invasoras que penetraban polas principais rías galegas.
Restos do Castelo Soberano |
Pero o noso rumbo hoxe vai cara unha lenda que foi extendida e ahí queda para os que crean ou non nesas teorías, o caso é que aínda a día de hoxe, son moitos os visitantes que fan presenza e rituales ao carón da costa, nas rochas. En menos de 10 minutos e navegando a 7 nudos , divisamos á capela da Virxe do Monte.¿ Qué fai unha capela no alto da cima e nas aforas da vila dos encaixes ?... A lenda máis extendida menciona que unha virxe apareceulle a uns pastores que estaban co seu rebaño no alto do monte. Pregoulles que escoitaran e obedeceran ás oracións que estaba difundindo o Apóstolo Santiago pola cidade de Duio en Fisterra a cal din que se sumerxeu con todos os seus habitantes por non obedecer ás súas pregarias cando o cataclismo. Os pastores que viron como a virxe subía e baixaba pola ladeira do monte non dudaron en correr a voz polo pobo. No mesmo lugar levantouse a Capela da Virxe do Monte e incluso se di que é irmán da Virxe da Barca supostamente levantadas no século XII-XIII despois de que o Apóstolo viñera a lamentarse á vila muxiana ante a desobediencia das xentes á palabra de Deus. A mesma lenda di que a virxe asomouse navegando nunha barca e díxolle ao Apóstolo que xa fixera o seu traballo e voltara para Xerusalén. A barca quedou petrificada como a pedra dos cadrices (a vela da barca) e a pedra de abalar (a quilla do casco) na mesma zona onde se levantou tamén a capela da Virxe da Barca. Ser ou non ser creente, na actualidade recibe miles de visitas e ten unha das Romarías máis concurridas de Galicia.
A Virxe do Monte está situada a 61 metros de altura sobre o nivel do mar. Do século XIII e levantada encima de outra en ruínas. Construída en sillería e mampostería dispoñe dunhas vistas sensacionais, o Vilán cara Norte, A Virxe da Barca e o pobo de Muxía cara Sudoeste e case toda a Ría de Camariñas cara sureste. Está escrito que antigamente eran moitas as mulleres dos mariñeiros que acudían alí en días de temporal a mover as tellas da igrexa para que os ventos cambiaran de dirección e os mariñeiros estiveran protexidos dos temporais. A verdade de todo esto é que a día de hoxe e sen esquecer a Virxe Reina dos Mares (A Virxe do CARME), a primeira Virxe que fai presenza nos días de traballo que exercen os barcos por esa zona é a Virxe do Monte. Todos os luns de Pascua celébrase a súa peculiar romaría levando á virxe dende a vila ata o seu promontorio e dando tres voltas á capela. Un raio destrozou parte da súa estructura no 2005 e actualmente está en perfecto estado.
Capela da Virxe do Monte |
Vista da capela da Virxe da Barca dende a Pta do Costado |
Vista do Faro Villano dende a Pta do Costado |
Quién mejor Vírgen puede divisar
el reflejo y caer de las estrellas,
la muerte del Sol en el infinito Océano
y en lo más alto, plegarias de sirenas.
Fdo: Mikel Camariñas
mui bonito retortaxe e fotos mikel sobre todo a das javiotas.
ResponderEliminarprejuntome que reportaxe podras poñer despois.
eu personalmente vexos mui originales.