Última hora: Estaba faenando este redactor cando se escoitaba por emisora mariña (VHF) que unha lancha con porto base en Camelle volcaba esta mesma mañá a raíz dun golpe de mar nos perigosos baixos próximos a Ataín, entre Camelle e Traba de Laxe. Afortunadamente o único tripulante que ía abordo conseguía chegar á costa a nado. A lancha quedou inservible ao ser golpeada contra as rochas pola forza do mar. Pasado o mediodía e con pleamar, a embarcación era rescatada e remolcada ao porto camellán pola lancha de salvamento Salvamar Altair con porto base en Camariñas.
A embarcación de 6 metros de eslora aproximadamente pertence ao máis xóven lobo de mar dos coñecidos e carismáticos "Os Leluchos". Manolo está considerado polos seus veciños como un dos mellores mariñeiros da vila e non se equivocan, tivo que desenredarse das nasas que levaba abordo e chegar a terra facendo esquivas as rochas para non ser golpeado contra elas, unha auténtica hazaña. A lancha de artes menores con porto base en Camelle (Camariñas) atopábase nas inmediacións dos baixos de Ataín esta mesma mañá de xoves cando foi sorprendido por un golpe de mar que fixo que volcara e posterior afundimento. O mar andaba revolto...nesa mesma zona tamén naufragou fai 3 anos a embarcación Porteiro Taboada falecendo os seus dous tripulantes e causando unha gran conmoción en toda a Costa da Morte. Os veciños camelláns destacan o valor e profesionalidade de Manolo que afortunadamente pudo chegar á costa a nado. Aproveitando a marea alta e coa colaboración dos compañeiros de profesión da Josefina, a lancha de poliéster prácticamente inservible, era enganchada e remolcada afundida ao porto camellán pola Salvamar Altair (Salvamento Marítimo). Días como os de hoxe onde o mar nin é malo nin é bo (mar de fondo) son dos máis perigosos pola dificultade que ten en sí a Costa da Morte pola grande cantidade de baixos que marcan o fondo mariño. Evidentemente casos que suceden no mar, tocan nas fibras das xentes deste curruncho atlántico debido a gran dependencia deste medio de vida nos seus habitantes. O mar.
alejrome de que todo quedara en un jran susto.
ResponderEliminar