Páginas

jueves, 5 de mayo de 2011

O Balonmán Camariñas C. Boya fará de novo historia mañán e durante 3 días organizando no Areal a fase de ascenso á 1ª División Estatal


O nome de Galicia e principalmente da Costa da Morte,  saltaban en todos os medios informativos nacionais o pasado mes de Abril gracias a un equipo de Camariñas que por primeira vez na historia da costa no mundo deportivo, nunha pequena vila conseguían proclamarse Campións da 1ª División Autonómica. O balonmán que durante anos e de intenso traballo  foi elaborando o Clube Camariñas C. Boya, foi merecidamente recompensado e volverá a partires de mañán a facer historia organizando nada máis e nada menos que a Fase de Ascenso á 1ª División Estatal. Desta vez, o Balonmán Camariñas enfrontarase a equipos da talla do BM Plasencia, Universidad La Laguna e Panelais Ciudad de Salamanca  ascendendo directamente o 1º de grupo e un 2º terá outra nova oportunidade entre os segundos dos sectores que se celebrarán a finais deste mes en Catarroja, Gijón, Vitoria, Banyoles, Motcada e Reixach. Que nadie quede sen ir ao Pavillón Municipal da vila dos encaixes, sen lugar a dúbidas será un auténtico espectáculo deportivo entre equipos de moitísimo nivel  que visitarán Camariñas durante estes días 6, 7 e 8. Unha aficción que de seguro non fallará como o ven demostrando durante todo este tempo, arroupará mañán a un equipo dirixido por Dioni que intentará con toda a humildade posible, esforzo, calidade e sorte, conseguir unha heroica primeira praza que lle daría un pase directo para competir na 1ª División Nacional.

Varios foron os xogadores camariñáns que practicando este deporte chegaron a élite no mundo deportivo, Borja Tajes, Fabián Canosa, Cristian Vigo e como excepción por ser o 1º deportista Internacional Absoluto, Víctor Vigo onde a elegancia, cambios de ritmo acompañadas dunhas enormes cualidades, fixeron e fan delicias nas retinas dos amantes deste deporte e de moitos clubes. Actualmente e baixo o mando de Dionisio Quelle (Dioni), os 18 xogadores que conforman o plantel son: Víctor, Lalá, Félix, José Ramón, Salva, Moncho, Felipe, Catalán, Xabi, Perón, Alan, Quin, Frutos, Eloy, Farie e os xuvenís Bruno, Caamaño e Damián. Un equipo que foi crecendo con veteranía, xuventude, estudantes, obreiros e moito esforzo e humildade. Para mañán espérase un cheo absoluto, o Balonmán Camariñas C.Boya terá que competir nun sistema a todos contra todos nunha soa volta, estes son os horarios e aparexamentos:




                                                           
                                                               CALENDARIO GRUPO SECTOR "A"
HORA
FECHA
EQUIPOS
CAMPO
18:30
06/05/2011PANELAIS CIUDAD DE SALAMANCABM. PLASENCIAP. MPAL. "O AREAL"(CAMARIÑAS)
20:30
06/05/2011CAMARIÑAS CONSERVAS BOYAUNIVERSIDAD LA LAGUNAP. MPAL. "O AREAL"(CAMARIÑAS)
17:00
07/05/2011PANELAIS CIUDAD DE SALAMANCAUNIVERSIDAD LA LAGUNAP. MPAL. "O AREAL"(CAMARIÑAS)
19:00
07/05/2011BM. PLASENCIACAMARIÑAS CONSERVAS BOYA
P. MPAL. "O AREAL"(CAMARIÑAS)
09:30
08/05/2011UNIVERSIDAD LA LAGUNABM. PLASENCIAP. MPAL. "O AREAL"(CAMARIÑAS)
12:30
08/05/2011CAMARIÑAS CONSERVAS BOYAPANELAIS CIUDAD DE SALAMANCA
P. MPAL. "O AREAL"(CAMARIÑAS)

                                                                !! SORTE CAMPIÓNS !!

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Fotografías xentileza de Dioni,  adestrador desta heroica piña formada con humildade e sacrificio.
Fonte  Balonmanblogspot.com

1 comentario:

  1. animo campeons que para chejar a onde estades xa e muito merito.e ahora a por elesssssssssssssssss.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo