Páginas

miércoles, 4 de mayo de 2011

A veda do polbo comezará o día 27 de Maio e rematará o 4 de Xullo



Exemplar de polbo capturado na nasa
Segundo nos acaban de comunicar ao sector pesqueiro que se dedica á captura de polbo con nasas e libre de contratempos que poideran surxir de última hora, a veda do cefalópodo (sen cobrar) comezará a finais deste mes e rematará un mes e unha semana despois do parón obrigatorio. Chegan datas onde o polbo desova e como é evidente a veda é necesaria e fundamental para que as crías vaian reproducíndose e collendo peso (1 kilo é o mínimo reglamentario). Seguramente é pouco tempo de prohibición, a calquera home de mar que se lle pregunte dirache que o ideal sería un mínimo de  dous ou tres meses pero un sector que de por sí está pasando por moi mal momento, incremento sen control  do prezo do combustible, aplicacións desorbitadas de normas e leis que nunca comentan cos mariñeiros antes de aplicalas, reducción nas capturas e un largo etc que encherían catro entradas, os apenas 40 días que non se poderá capturar polbo son máis que suficientes si pensamos que non se pode pescar entre outros, Lumbrigante, Langosta, Santiaguiños, Centola, Nécora, Xarda e moi próximamente Merluza senón xa veredes, móllome a dicir que en escasos  meses tamén o prohibirán a pesares da  cantidade de xarda e merluza que hai nestes momentos nos caladoiros, pero mellor amarrar barcos e tumbarse panza ao sol, a fin e ao cabo é o que máis se leva de moda nesta última década no noso querido país. Aquí non se lle poñe a culpa a nadie, nin á Xunta, nin ao Goberno Central nin tan sequera a UE, en todo caso a culpa é dos mariñeiros por haber escollido dita profesión. 


                                          
Con todo isto, que nadie se preocupe por quedar sen producto, a nécora e demáis mariscos franceses sí poden comercializarse nos nosos mercados e a cantidade desorbitada que surca os nosos fondos nestes momentos de Xarda (por poñer un só exemplo) tamén poderán pescalas barcos de outros países como Francia e Portugal e polo tanto, trailer va, trailer viene. Pola nosa parte, os que nos dedicamos a burcarse a vida no medio do charco oceánico, podemos ir en masa ao congro, capturar máis cantidade da demandada e vendelo a céntimos kilo que como din os vellos mariñeiros, traballar para o inglés. Tampouco en caso que paseando, alguén vexa por curiosidade nunha poza; erizos de mar, catro ameixas contadas, caramuxas (minchas), un longueirón ou calquer outro producto dos nosos mares, que non se lle ocurra poñerlle man, as multas son potentes e acarrean ata prisión dependendo de como pinten a feira nese intre. Non é broma, incluso si se achegaran á nosa costa (como é de supoñer nestas datas) calamares tan sabrosos como os das nosas rías, os profesionais que vivan do mar e paguen os seus impostos e seguros ata cando estamos parados obrigatoriamente e sin cobrar, non pense que pode pescalos, PROHIBIDO TOTAL, eso queda reservado para turistas e outros aficcionados a non ser que teñas permex de liña ou cordel. O dito, que dende o 27 deste mes e ata o 4 de Xullo, si che ofrecen polbo, ou é ilegalmente capturado ou non é da nosa costa. Sobre as poucas prohibicións que se nombraron aquí, non pensedes que se esaxera, hai moitísimas máis pero caerían aburridas plasmalas todas. Por parte deste redactor, vexo completamente acertada a veda do polbo nestas datas e  incluso debería prolongarse máis tempo (aínda que sexa sen subvencionar) pero como as leis non son cousa nosa, "ustedes manden que nosotros obedecemos a TODO", incluso a una posible obligación de desgüace de la flota", este pedazo va en castellano porque normalmente es la lengua que más se habla en los principales despachos que nos rigen. Viva España.                                     

2 comentarios:

  1. eres un genio.e verda e que mellor non se pode desir.
    sabes tamen o que se di dos prinsipales despachos
    españa va bien.

    ResponderEliminar
  2. NO HAY PARRAFO QUE NO DIJA LA VERDAD.
    UN SOBRESALIENTE.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo