Páginas

viernes, 6 de mayo de 2011

Derroche de calidade co balonmán ofrecido hoxe no pavillón municipal o Areal ante case medio millar de persoas



Andrés Cerdeiras e Dioni atentos ante unha decisión arbitral
Como se viña anunciando estes días, hoxe comezaban os cruces de catro equipazos de balonmán que loitan por intentar subir á 1ª División Estatal no pavillón de Camariñas. Enfrontábanse de inicio un dos favoritos, o Panelais Ciudad de Salamanca ante o B.M Plasencia con un resultado aplastante de 44 a 27 a favor dos primeiros. A continuación o encontro estelar da vila dos encaixes que disputaban o Camariñas Conservas Boya e o Universidad La Laguna, era arroupado ante medio millar de gorxas que animaron cunha paixón incondicional e cun resultado final de empate a 22. Dende o comezo do encontro e ata o final, a diferencia no marcador nunca era máis de 1 tanto e todo gracias ao gran porteiro que ten nas súas filas o Universidad La Laguna. Foi na segunda metade do encontro  cando o Camariñas se poñía por diante e a falta dun minuto, o Universidad  facía táboas no marcador nun encontro que o Boya mereceu a victoria. Dous colexiados prantados na pista e un deles máis que discutido en varias xogadas clave expulsaba aos camariñáns  Perón que estaba sentado no banco e  a Monchiño. Con todo iso, o Balonmán Camariñas C.Boya, non se achicou e foi crecendo ante a forza dun público que acompañaba ao seu particular grupo ultra Boya que fixeron vibrar todo o Areal a golpe de bombo.


Mañá Sábado, ás 5 da tarde o Panelais Ciudad de Salamanca verase as caras co Universidad La Laguna e ás 7 da tarde o Camariñas C. Boya intentará derrotar ao B.M Plasencia. Non o perdas, asómate por Camariñas, non sairás defraudado, isto é un auténtico espectáculo.







Texto e fotos: Camariñas Directo

1 comentario:

  1. moi emocionante o vivido onte no pabellon do areal,donde non se acorda tantisima xente e ademais volcada animando os nosos rapaces,quizas porque a cita ca historia pasa por camariñas unha vez na vida,e a xente non quere perdelo.grandes eran os canarios pero os camariñans estiveron enormes.hoxe esperamos que sigades facendo historia por este pobo.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo