Páginas

domingo, 5 de junio de 2011

Copa da Costa: O Camariñas non pudo co Nantón a pesares de gañar 2-1 e volve a caer no tempo de desconto

Hoxe disputábase o partido de volta de cruces de cuartos que tiñan pendente o Camariñas F.C e o Nantón C.D. Ante unha boa entrada de público no Hermanas Patiño, os homes de Manolín tiñan que remontar o 3-1 adverso que traían da ida. Nunha primeira parte onde non hubo un só tiro a portería e onde ás veces parecía que xogaban o 6 local (Moriño) contra o 9 visitante (Luís) chegaban en tablas ao descanso 0-0. Xa na segunda metade e con dominio do Camariñas sin claras ocasións en ningún momento, no minuto 59 era expulsado o camariñán (de Muxía) Maikel por dobre amarilla e non sería ata o minuto 72 cando marcaría Josiño poñendo o 1-0. No 84 aumentaba a renda Juan Vello de falta directa poñendo o 2-0 necesario para eliminar aos homes de Luís pero outra vez no desconto os camariñáns levaban outro mazazo recibindo o 2-1 por medio de Carlos Vidal no 90+4 e sin tempo a máis nada, o Camariñas F.C quedaba eliminado da competición copeira.

1 comentario:

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo