Páginas

viernes, 15 de julio de 2011

Os barcos de Camariñas engalánanse para vivir o día grande das Festas do Carme 2011

Como ven sendo habitual cada 15 de Xullo, os barcos dos portos mariñeiros onde se celebran as grandes Festas do Carme engalánanse con bandeiras, loureiros e algunha que outra artimaña para lucir os seus navíos no día máis grande dos mariñeiros, o 16. Camariñas, que nesta tradición é inmortal e especialista, que prácticamente todos tiveron ou teñen descendencia ou vínculos mariñeiros, mañán paseará pola Ría á Reina dos Mares. Centos de persoas intentarán subir abordo dalgunha alma caritativa que atraque en algunha rampa e teña algunha praza dispoñible. Atrás quedan aqueles anos que se presumía de cargar tropecentas persoas (por si acaso pasa algo), incluso quedan patróns amarrados a porto por diversas causas, pero, a maioría de barcos  e lanchas da nosa vila mariñeira farán mañán a súa particular e plural travesía por unha das máis fermosas rías galegas, a Ría de Camariñas.  Estimados navegantes; Paz e Moi Felices Festas do Carme de Camariñas 2011...


Afortunadamente mañán a procesión marítima vai estar acompañada de  bo tempo. Cando embarques estarán  mareas baixas, a pesares de que as rampas e principais accesos portuarios están perfectamente limpos de grasas e algas aconséllase sempre moita precaución. Si subes abordo recorda que eres un mariñeiro máis e polo tanto eso require sempre máxima concentración no medio da diversión. Disfrutemos de algo sumamente importante, quizás nós que estamos acostumados a velo e vivilo non o valoremos pero dar un paseo en barcos de baixura considerados tranquilamente como dos mellores do mercado, nunha das mellores e máis productivas rías do mundo e visitando con parada incluída da danza de arcos o precioso porto pesqueiro de Muxía e o enclave de  Merexo "non ten precio"...

Fai poucos anos, a anterior comisión de festas presidida por Campaña elaborou un folleto onde lembraba e se valoraba o traballo feito por todas as comisións de festas que fixeron posible que as  Festas do Carmen nunca pararan. Igualmente e dende esta ventá hoxe lanzamos unhas palabras de agradecemento ás persoas que desinteresadamente se arman de valor e seguen facendo que as nosas festas sigan vivas ano trás ano.

Poesía na honra a Virxe do Carme
Autor: Mikel
Ano: 2009


                                             Capitana dos mares, guía dos mariñeiros

neste día grande Camariñas che quere honrar,
por facer en Xullo desta vila mariñeira
a máis fiel e devota coa virxe do mar.

O ceo estoupa a ritmo de gaitas
a danza de arcos moi preto do altar,
homes de branco con lazos de seda
coa sudor impacentes che queren danzar.

A súa faciana desborda alegría
o seu manto de encaixe volve a lucir
as rúas engalanadas esperando a que pise
a virxen máis grande que temos aquí.

Mariñeiros que a ombros levades
a señora e divina máis mariñeira
mecédea con calma e con suavidade
que esta non é unha virxen calqueira.

Radiante no porto unha barca lle espera
un paseo pola ría a queren levar
facer a procesión bendecindo as augas
desta maneira, a nosa forma de rezar.

Nomeástes patrona á virxe do Monte
a salve de insignia quixestes levar
coronada fostes como a virxen máis grande
bautizada por Deus como a "Reina do Mar".

Capitana divina e reina dos mares
Camariñas neste día che quere  honrar
por facer que sexa esta vila mariñeira
a máis fiel e devota coa virxen do mar.

6 comentarios:

  1. Que disfrutedes dunhas felices festas. E os meus parabéns para Mikel por facernos o regalo desta páxina que invita á convivencia, como debe ser sempre entre camariñáns. Lembrade que mañá, Dia do Carme, algúns non poderemos estar ahí físicamente, mais o noso corazón está ancorado para sempre naquela Camariñas de casiñas brancas que nos veu nacer. Xosé-Luís.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias polas túas palabras Xosé Luís. É un honor contar cun lector da túa categoría humana sempre admirada aínda que sexa na distancia por min. De todos é sabido a túa admiración e orgullo pola túa terra, a nosa terra, as casiñas brancas que con tanto orgullo levastes e levas polo mundo adiante, radiofónica, impresa e televisibamente. Unhas casiñas que a pesares de que cada vez son menos brancas, as súas raíces, as mesmas das que persoas coma ti forman parte na historia da nosa vila, eternamente perdurarán. Un abrazo a miles de kilómetros compañeiro e que sempre corran bos ventos na túa familia en calqueira lugar que te atopes...Mikel

    ResponderEliminar
  3. non hai festa como a do carmen.viva a festa do carmen,e vivan os camariñans...

    ResponderEliminar
  4. ahhhh mikel fantasticaaaa poesia.

    ResponderEliminar
  5. Coma sempre da gusto ler o q escribes,graciñas por compartilo con todos nos gran poeta...pero eu quero desexarche como mariñeiro que eres...un moi feliz dia da tua patrona..que sempre che garde deses peligros tan grandes que ten o mar..un saudiño

    ResponderEliminar
  6. Moitas gracias Magia e Chalana por ser como sodes e estáredes ahí ao outro lado do monitor...un saúdo especial......Mikel

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo