Páginas

domingo, 10 de julio de 2011

Novo apagón e varios desperfectos no paseo marítimo na zona do Campo

Foto sacada ás 12 da noite de onte
Lamentable ter que poñer este tipo de entradas pero onte á noite e como ven sendo habitual cando un pode, dando un paseo ata o porto do século XXI poidemos observar como varias das caixas que teñen dentro as bombillas que orientan a camiñata polo paseo marítimo da zona do Campo foron brutalmente arrancadas, posiblemente algún ou algunha simpática ensañábase a patadas con elas porque lle molestaba que houbera algo ben conservado na nosa vila, dado que non era suficiente con iso, mesmo á entrada da Ponte, unha caixa con varios cables totalmente ao descuberto está saída do seu sitio co perigo que pode ocasionar si algún menor  intenta manipulalos, a descarga que poida sufrir podería ser peor que apoiarse no cristal destemplado que fai de pasamáns e que segue sin arreglarse. Engadido a isto e como non podía ser doutra maneira, volvemos a quedar sin luz nun lugar neurálxico nestas datas veraniegas para os turistas porque os cidadáns camariñáns xa estamos afeitos a todo. Sorpresa tamén a que este que redacta levou cando se fijou nas barandas da mesma zona que aguantaban de dúas grandes pancartas, unha das nosas festas do Carme (pido permiso para poder dicir que é de todos) e outra dos nosos veciños muxiáns cando en minutos desapareceron sin saber o por qué...







Unha por unha e ata doce son as luces que faltan do paseo marítimo.Quizás non estea o enganche da luz activo e ainda que alguén intentara algo no medio dos cables non pasaría nada pero como se descoñece si é así exactamente, mellor tomar precaucións. Así non se pode ir pola vida e debe haber  tolerancia "0" para este tipo de actos vandálicos que saen dos nosos petos sexan quen sexan os organismos que efectúan ditas obras públicas. Polo que respecta ás pancartas non gustou e con toda lóxica que o noso pobo veciño non respetara os nosos días de festa como nós sí respetamos aos demáis. Polo menos ese é o rumor máis extendido pola rúa e onde a maioría de persoas cas que se cruzan palabras espetan un "imaxinade que na festa da Barca os camariñáns ou calquera conveciños fagan os mesmos días outro evento (como se non houbera máis fin de semana)
e lle poñamos no seu preciado porto e na mesma Pta da Barca grandes letreiros " como se fixo aquí. Vese lóxico que cada cual faga o que queira e o día que queira pero dende logo a falta de respeto foi abarcada antes polos foráneos porque unha cousa é deixar de lado rivalidades absurdas e ser comprensivos e outra é que che invadan con grandes letreiros (máis de 12) no mesmo lugar onde se fan as Festas do Carme. Esa pudo ser a razón do Por Qué se acabaron retirando todas as pancartas incluída a das nosas festas por respeto ao prójimo. Posiblemente alguén considerou que se traspasaran as barreiras da lóxica moral.






2 comentarios:

  1. lamentable.a xustiza tolerancia 0 con estos bandalos,

    ResponderEliminar
  2. si o que fai esto lle fixeran pajalo do seu bolsillo xa veriades como non volvia faselo.
    ahora esperemos que non tarden tanto en arrejlarlo, por os turistas e o mais importante por nos os camariñans.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo