Páginas

viernes, 8 de julio de 2011

Todo preparado en Corme para vivir a maior festa gastronómica da Costa da Morte

Fonte: QPC
Mañán Corme recibirá como o ven facendo durante os 18 anos anteriores a miles de visitantes a degustar o marisco rei na súa XIX Festa do Percebe do Roncudo. Esta degustación gastronómica con máis tirón da Costa da Morte contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana e o alcalde da cidade herculina, Carlos Negreira entre outros e serán recibidos polo alcalde da vila pontecesana José L. Fondo. Como pregoeiro terán unha persoa especial, o tenista cormelán en cadeira de rodas Martín Varela que falará media hora antes da actuación prevista dos protagonistas da serie televisiva "Para mariñeiros nós" e posterior actuación de D´Js e el Parga. O dito, que mañán Corme a eso das 10 da mañán despertará coa charanga Mekánica e xa ás 12 comezarán a servir os percebes que foron apañados por valentes percebeiros e percebeiras da vila cormelana, un auténtico manxar para todo aquel que poida acercarse a degustar o marisco rei e con máis sabor a mar. Habilitaranse aparcamentos á entrada do pobo, na urbanización do Osmo.

2 comentarios:

  1. viva a costa da morte,e viva o persebe do roncodo.

    ResponderEliminar
  2. viva o percebe!!! e a costa da morte!!!
    xa empezan as festas gastronomicas galegas...pero o mismo dia na tarde nuite celebrase outra cita gastronomica e declarada de "interes turistico de galicia" a FAGUIA(callos) en CARNES...Asi que primeiro uns percebiños e logo uns calliños...e que empecen as festas!!!!!

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo